Nesta materia trátase de adquirir coñecementos intermedios de Lingua Portuguesa, chegando ao nível C1 do Marco Común Europeo de Referencia das Linguas, xunto con coñecementos sobre as culturas de expresión portuguesa no mundo.
Aviso importante para estudantes Erasmus: O ensino de Língua Portuguesa na UVigo está dirixido a persoas que teñen o Galego e/ou o Castelán como linguas maternas, de maneira que a progresión é rápida. Non se recomenda a inscrición a estudantes Erasmus que non teñanjá un nivel B2 nestas linguas e, como mínimo, un nivel B2 alto em Lingua Portuguesa.