Guia docente 2013_14
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 1, IV: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Presentacións orais relacionadas co libro de obrigada lectura e artigos extraídos de xornais online, indicados na bibliografía básica, e relacionadas coas destrezas de expresión oral e comprensión escrita (speaking and reading). 20
Traballos tutelados Elaboración de traballos escritos de resumo de textos e outros, tutelados na aula e realizados de forma autónoma polo alumnado (writing) 20
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas prácticas de execución de tarefas baseadas en materiais reais ou adaptados e relacionadas coas destrezas de comprensión oral e escrita (listening and reading). 20
Outras Exame final sobre todos os contidos lingüísticos e comunicativos da materia que presupón o 40% para aqueles alumnos/as que teñan dereito a avaliación continua. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Recoméndase a avaliación continua, sendo o sistema máis axeitado para a aprendizaxe da materia.

O alumnado de avaliación continua ten que declararse por escrito como asistentes de avaliación continua na segunda ou terceira clase teórica da materia e para iso entregarán unha ficha ó profesorado.

Para poder superar o sistema de avaliación continua o alumnado deberá asistir ao 80% das horas presenciais (tanto de horas teóricas como das prácticas). De non facelo perderá o dereito á avaliación continua e terá que presentarse á avaliación única (proba global) que se realizará durante os días 29 e 30 de abril, parte escrita,  nas horas de clase, e o día 7 de maio a parte oral. A avaliación única computará como o 100% da nota final.

Ó alumnado de avaliación continua computáraselle un 60% da cualificación final co traballo e probas do curso (7 traballos escritos, 1 presentación oral, 1 proba de comprensión escrita e outra de comprensión oral)  e un 40% coa proba final. A proba final realizarase  durante os días 29 e 30 de abril, a parte escrita,  nas horas de clase, e o día 7 de maio a parte oral. A parte escrita constará dun test de resposta curta sobre os contidos gramaticais e léxicos (Use of English), un test de comprensión escrita (Reading), un test de comprensión oral (Listening) e un ou dous traballos de expresión escrita (Writing). A parte oral consistirá na presentación oral dun aspecto do libro de lectura obligatorio. 

Para aprobar a materia será preciso aprobar cada unha das catro destrezas comunicativas (reading, listening, speaking and writing) e a destreza lingüística (use of English). Na segunda edición de actas (xullo) o alumnado só terá que presentarse ás destrezas suspensas.

A posibilidade de faltar ao 20% das sesións presenciais xa contempla as faltas por emerxencias e por enfermidade, por tanto no se aceptará xustificación das faltas agás en casos moi limitados e excepcionais.

A avaliación continua do alumnado require que o alumnado demostre as súas capacidades con regularidade ó longo do semestre. Por tanto, as probas e traballos de clase non son recuperables. As probas e os traballos  que os alumnos non entreguen por non asistir a clase contarán como un “0”. Anunciarase na aula a programación das datas de entrega dos traballos, así como as datas nas que se realizarán as  presentacións orais, ademais dos exames e as probas máis extensas de “reading” e “listening”. O traballos  deberán ser entregados en man na clase no día sinalado. Así, os traballos que o alumnado non entregue na data requirida e en man contarán como un "0".

Os/as alumnos/as que non superen a avaliación continua ou que renuncien a ela  deberán presentarse a unha proba única global sobre todos os contidos comunicativos e lingüísticos da materia en xullo (segunda edición de actas), que computará como o 100%. A data deste exame farase pública de forma oficial.

Esta proba de xullo constará de cinco partes que avaliarán as catro destrezas comunicativas e a destreza lingüística (use of English). Cada unha das partes equivalerá a un 20% da cualificación final e para aprobar a materia haberá que aprobar cada unha das devanditas destrezas.

Os/as alumnos/as que non se acollan á avaliación continua terán unha proba única que computará como o 100% da nota. A primeira oportunidade é a proba da  primeira edición de actas e a segunda oportunidade na segunda edición de actas (xullo).

Para a segunda edición de actas (xullo) conservaranse as cualificacións das partes aprobadas na primeira edición de actas (sendo de avaliación continua ou da proba única da primeira edición de actas).

Durante a realización dos exames non se permite a utilización de dicionarios, ordenador, conexión a internet ou outros medios electrónicos.

O plaxio total ou parcial nos traballos entregados suporá o suspenso automático na materia.

 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000