Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Lingua A2, II: Introdución ás linguas de especialización: Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Traballos de aula Avaliaranse os exercicios, prácticas e diversas tarefas que se encomenden ao alumnado durante o desenvolvemento da docencia. 15 CB1
CB2
CB3
CB4
CE3
CE4
CE10
CE18
CE21
CE27
CE33
CT1
CT5
CT6
CT9
CT12
CT14
CT23
Traballos tutelados O alumnado terá que entregar dous traballos:
1. 10% da nota: Elaborarase un traballo sobre neoloxía: resolución de problemas conceptuais e denominativos.
2. 25% da nota: En parellas, o alumnado deberá redactar un traballo escrito orixinal segundo as convencións do artigo científico, sobre un tema especializado. Este tema será asignado entre unha lista de temas que serán propostos polo profesorado da materia. A súa elección será acordada coa docente e deberá contar coa súa aprobación explícita. Avaliarase a calidade lingüística xeral, o uso da terminoloxía, a adecuación ás convencións descritas no curso e o formato.
35 CB1
CB2
CB3
CB4
CE3
CE4
CE10
CE11
CE17
CE18
CE21
CE25
CE27
CE30
CE32
CE33
CT1
CT6
CT7
CT8
CT9
CT12
CT14
Presentacións/exposicións Deberá expoñerse oralmente na aula, con formato de divulgación e apoio dunha presentación powerpoint ou prezi, unha versión adaptada e resumida do traballo tutelado escrito (2). 10 CB1
CB2
CB3
CB4
CE3
CE4
CE10
CE11
CE17
CE18
CE21
CE25
CE27
CE33
CT1
CT6
CT7
CT8
CT12
CT14
CT23
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Consistirá nun exame que pode abordar todos os temas estudados durante o curso, con especial atención ós aspectos lingüísticos do temario. 40 CB1
CB3
CB4
CE3
CE4
CE18
CE21
CE27
CE33
CT1
CT9
CT14
CT23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1ª edición das actas

O alumnado poderá escoller entre dous sistemas de avaliación. Deberá confirmar explicitamente por cal deles opta nas dúas primeiras semanas de curso.

En calquera caso, recoméndase a asistencia regular ás clases.

De existir alumnado de intercambio, prestarase atención ás súas necesidades específicas.

a) Avaliación continua: condicións

Os aspectos avaliados son os que aparecen nesta páxina por un valor do 100% da nota.

Condicións:

-Entrega das prácticas de clase, realización da exposicón oral e entrega dos traballos que son obxecto de avaliación, nos prazos establecidos pola docente ao longo do curso e recollidos na plataforma TEMA.

-Exame escrito.

Importante

Para superar a materia, cómpre obter no exame unha nota mínima de 4.5.

Non se poderá renunciar á avaliación continua, unha vez escollida, agás por causas excepcionais e xustificadas.

O incumprimento das condicións da avaliación continua implicará o paso automático á avaliación única.  

b) Avaliación única: condicións

1. Exame sobre os contidos da materia ó final do cuadrimestre (75%)

2. Traballo escrito: elaboración dun texto de especialidade, sobre o modelo do artigo científico (25%).

Tanto o exame da avaliación única coma o da continua será na última sesión de clase, na semana do luns 9 de maio de 2016.

2ª edición das actas (xullo)

O alumnado de avaliación continua que non teña superada a materia na 1ª ed. das actas manterá as cualificacións iguais ou superiores a 5.

A avaliación farase a través dun exame (75%) e un traballo escrito (25%).

Importante

Cómpre ter un nivel avanzado das normas ortográficas e da gramática da lingua. Para comprobalo, poderase realizar un test ou proba de nivel a comezo do curso. Xa que se parte dun nivel C2, se algún alumno ou alumna considerar que non o ten, sería recomendable acadalo por medios alleos á docencia desta materia. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000