Lectura obrigatoria para o debate Jorge Mira Pérez (2010). A ciencia no punto de Mira. Auga editora. ISBN 9788493667696 1ª edición das actas O alumnado poderá escoller entre dous sistemas de avaliación. Deberá confirmar explicitamente a) Avaliación continua: condicións Os aspectos avaliados son os que aparecen nesta páxina por un valor do 100% da nota. Condicións: -Asistencia ó 80% por cento das aulas. -Entrega dos traballos. -Particiipación no debate. Importante Non se poderá renunciar á avaliación continua, unha vez escollida, agás por causas excepcionais e xustificadas. O incumprimento das condicións da avaliación continua implicará o paso automático á avaliación única. b) Avaliación única: condicións 1. Exame sobre os contidos da materia ó final do cuadrimestre (última semana de aulas) (80%) 2. Participación no debate sobre a lectura obrigatoria. (20%). 2ª edición das actas (xullo) A avaliación farase a través dun exame co valor do 80% da nota e dunha proba oral na que se discutan temas que xurdan da lectura obrigatoria. Terase moi en conta a calidade da expresión oral (20%). Importante Cómpre ter un nivel avanzado das normas ortográficas e da gramática da lingua. Para comprobalo, poderase realizar un test a comezo do curso. Xa que se parte dun nivel C2, se algún alumno ou alumna considerar que non o ten, pode acadalo por medios alleos á docencia desta materia. |