Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma |
Neste apartado avaliaranse todo tipo de exercicios relacionados coa competencia lingüística e tradutora. Poderán ser exercicios que traten de dificultades de tradución, análise de tradución... Terase especialmente en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado tanto escritos como orais. |
30 |
A1 A2 A3 A4
|
|
C1 C4 C18
|
|
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. |
Neste apartado, entragaránselle ao alumnado textos para seren traducidos que tenten simular situacións reais de traballo. |
35 |
A1 A2 A3 A4
|
|
C1 C2 C4 C17
|
D1 D2
|
O alumnado que siga o curso poderá acollerse ao sistema de avaliación continua. O que non cumpra coa entrega das tarefas nos prazos marcados pasará automaticamente á avaliación única e deberá presentarse ao exame final. En caso de ter suspensa algunha proba, terá que recuperala(s) na convocatoria final. O prazo de entrega do traballo será o a última semana de outubro de 2016. As datas das restantes probas indicaranse ao principio de curso. O que suspenda na convocatoria final, terá que avaliarse de todos os contidos da materia na convocatoria de xullo.
O alumnado que non siga a avaliación continua, deberá realizar un exame final (avaliación única) sobre todos os contidos da materia especificados no apartado CONTIDOS da guía docente. A data oficial de exame para o alumnado de avaliación única será a data establecida no calendario de exames aprobado en Xunta da FFT. O exame consistirá na realización dunha tradución comentada do francés ao galego dun texto de 500 palabras aproximadamente. As faltas de ortografía penalizaranse con 0.5 erro. O que suspenda na convocatoria de decembro, terá que avaliarse de todos os contidos da materia en xullo de 2017. |