Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, I: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións O alumnado deberá presentar oralmente en idioma I, e de xeito individual o traballo encomendado a comezos de curso. 15
Sesión maxistral A avaliación das sesións maxistrais permitirá coñecer a competencia acadada polo alumnado no referente aos conceptos teóricos da materia. Poderase avaliar o alumnado, ben mediante un exame, ben mediante a encomenda de resumos ou crítica de artigos. 10
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Neste apartado avaliaranse todo tipo de exercicios relacionados coa competencia lingüística e tradutora. Poderán ser exercicios que traten de dificultades de tradución, análise de tradución... Terase especialmente en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado tanto escritos como orais. 30
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Neste apartado, entragaránselle ao alumnado textos para seren traducidos que tenten simular situacións reais de traballo. 35
Probas de resposta curta O alumnado deberá ler un libro obrigatorio en idioma I (cf. bibliografía) que será avaliado cunha proba de resposta curta 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

               O alumnado que siga o curso con asistencia regular ás clases (85% presencial), poderá acollerse ao sistema de avaliación continua. O que non cumpra co 85% de presencialidade, deberá presentarse ao exame final. 

               En caso de ter suspensa algunha proba, terá que recuperala(s) na convocatoria final. O prazo de entrega do traballo será o 25 de outubro de 2014. O que suspenda na convocatoria final, terá que avaliarse de todos os contidos da materia na convocatoria de xullo. 
               O alumnado que non siga a avaliación continua, deberá realizar un exame final (avaliación única) sobre todos os contidos da materia especificados no apartado CONTIDOS da guía docente. A data oficial do exame final terá lugar na derradeira semana de clase  (o mércores 11 de decembro de 2014). O exame consistirá na realización dunha tradución comentada do francés ao galego dun texto de 500 palabras aproximadamente. As faltas de ortografía penalizaranse con 0.5 erro. O que suspenda na convocatoria de decembro, terá que avaliarse de todos os contidos da materia en xullo de 2015.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000