Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, I: Francés-Galego
   Competencias de materia
Resultados de aprendizaxe Tipoloxía Competencias
COMPETENCIA LINGÜÍSTICA: dominar perfectamente as dúas linguas de traballo (francés-galego) tanto a nivel sintáctico, gramatical, morfolóxico, lexicolóxico, terminolóxico e fraseolóxico. SUBCOMPETENCIAS: coñecer tanto as diferenzas como as similitudes dos dous sistemas linguïsticos.
saber
saber facer
A4
A13
A17
B1
B2
COMPETENCIA COMUNICATIVA E CULTURAL: Comprender textos redactados na lingua de partida. SUBCOMPETENCIA: Coñecer a historia e as culturas das dúas linguas co fin de entender perfectamente os textos así como dominar os mundos textuais das dúas culturas coas que se traballa, as distintas convencións sociais.
saber
A2
B17
COMPETENCIA TEXTUAL: comprender a estrutura e os principios organizadores dun texto. SUBCOMPETENCIAS: coñecer os diferentes tipos de texto (literarios, publicitarios...) e as súas características (argumentativos, expositivos...)
saber
A4
B4
B22
COMPETENCIA TRADUTORA: saber traducir un texto sen interferencias. SUBCOMPETENCIAS: Identificar os participantes no proceso de tradución (autor, tradutor, lector...) e a función comunicativa do texto. Aprender a analizar textos con vistas á súa tradución. Coñecer as distintas técnicas e estratexias de tradución. Traducir textos non especializados. Identificar os problemas de tradución e aprender a resolvelos. Aprender a traballar con textos paralelos. Aprender a manexar as ferramentas básicas de tradución (procesadores de texto, Internet: dicionarios en liña...). Identificar problemas ortotipográficos e aprender as estratexias e normas para resolvelos. Comprender o papel do tradutor como mediador intercultural. Coñecer as normas de presentación de tradución. Coñecer o mercado laboral. Desenvolver habilidades de traballo en equipo e adquirir un compromiso deontolóxico.
saber
saber facer
A4
A8
A17
B7
B8
B12
B22
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000