Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma |
Neste apartado avaliaranse todo tipo de exercicios relacionados coa competencia lingüística e tradutora. Poderán ser exercicios que traten de dificultades de tradución, análise de tradución... Terase especialmente en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado tanto escritos como orais. |
30 |
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. |
Neste apartado, entragaránselle ao alumnado textos para seren traducidos que tenten simular situacións reais de traballo. |
35 |
O alumnado que siga o curso con asistencia regular ás clases (85% presencial), poderá acollerse ao sistema de avaliación continua. O que non cumpra co 85% de presencialidade, deberá presentarse ao exame final. En caso de ter suspensa algunha proba, terá que recuperala(s) na convocatoria final. O prazo de entrega do traballo será o 25 de outubro de 2014. O que suspenda na convocatoria final, terá que avaliarse de todos os contidos da materia na convocatoria de xullo. O alumnado que non siga a avaliación continua, deberá realizar un exame final (avaliación única) sobre todos os contidos da materia especificados no apartado CONTIDOS da guía docente. A data oficial do exame final terá lugar na derradeira semana de clase (o mércores 11 de decembro de 2014). O exame consistirá na realización dunha tradución comentada do francés ao galego dun texto de 500 palabras aproximadamente. As faltas de ortografía penalizaranse con 0.5 erro. O que suspenda na convocatoria de decembro, terá que avaliarse de todos os contidos da materia en xullo de 2015. |