Actividades introdutorias |
Neste apartado, a docente presentará a programación, explicando polo miúdo os contidos, os traballos que hai que realizar e comentará tamén as lecturas obrigatorias do curso, así como o sistema de avaliación |
Sesión maxistral |
As 7 horas de sesións maxistrais destinaranse a presentar a situación da tradución en Galicia, así como o proceso tradutivo. Malia estaren no apartado de sesións maxistrais, as clases serán de índole participativo e sempre estarán apoiadas por un soporte práctico. |
Traballos tutelados |
O alumnado deberá realizar un traballo sobre algunha das dificultades de tradución presentadas nas clases maxistrais (tradución de nomes, traducións de paremias, tradución de referencias culturais...), que será tutelado pola/o profesor/a. Durante as dúas horas presenciais dedicadas a este apartado, a docente explicará o procedemento e as normas de elaboración do traballo. |
Prácticas autónomas a través de TIC |
Durante as prácticas autónomas a través de TIC, o alumnado coñecerá as bases de datos e fontes de documentación necesarias para a tradución de textos de índole xeral. |