Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, I: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Resolución de problemas A participación activa en clase medirase polo traballo realizado nas actividades de resolución de problemas e/ou exercicios. 5 CE3
CE4
CE22
CT4
CT22
Traballo tutelado A participación activa en clase medirase polo labor realizado nos traballos de aula. 5 CE3
CE4
CE22
CT4
CT22
Exame de preguntas de desenvolvemento 1) Teoría, na que se examinará ao alumno, tanto dos contidos explicados nas clases maxistrais, como dos contidos das lecturas obrigatorias e
2) práctica, que consistirá na tradución dun texto con axuda de dicionarios en formato papel.
DATAS: Proba de teoría (30%): a data desta proba coincidirá coa da proba de avaliación única do calendario de exames aprobado en Xunta de Facultade.
Proba práctica (30%): semana 13 de clase.
60 CE3
CE4
CE8
CE17
CE22
CT4
CT22
Traballo Realizarase unha entrega obrigatoria que consistirá nun encargo de tradución e comentario traductológico dun texto instructivo.
DATA: semana 9 de clase.
30 CE2
CE3
CE4
CE8
CE17
CE22
CE27
CT4
CT6
CT14
CT17
CT22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

Esta materia é presencial e a súa avaliación continua (as probas e porcentaxes da avaliación continua son os arriba especificados). No entanto, se algún alumno, por motivos xustificados, non pode seguir a avaliación continua, deberá presentar nas dúas semanas seguintes ao día no que se matricule un xustificante especificando este particular. Nese caso, para ser avaliado na primeira edición de actas deberá ir a avaliación única na data especificada no calendario de exames aprobado en Xunta de Facultade. A proba consistirá en: unha tradución con presión de tempo (35%), un exame teórico dos contidos da materia (35%) e a entrega dun encargo (30%). Para superar esta proba é necesario aprobar as tres partes da mesma.

CONVOCATORIA DE XULLO

Os alumnos que sigan o sistema de avaliación continua e non alcancen a nota mínima presentaranse en xullo ás partes non superadas na data especificada no calendario de exames. As partes aprobadas só gardaranse ata a edición de xullo.

Os alumnos que sigan o sistema de avaliación única e non superen a materia na primeira edición de actas presentaranse á proba fixada no calendario de exames, que consistirá en: unha tradución con presión de tempo (35%), un exame teórico dos contidos da materia (35%) e a entrega dun encargo (30%). Para superar esta proba é necesario aprobar as tres partes da mesma.

Todas as probas realizaranse na lingua termo da combinación da materia.

Con respecto á avaliación de traballos e proxectos, se se detecta que estes (ou algunha das súas partes) son plaxios, a cualificación dos mesmos será 0.

É responsabilidade do alumno consultar os materiais e novidades a través da plataforma de teledocencia FAITIC e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.   

ALUMNADO ERASMUS

Necesítase nivel B2 de lingua A español. Realizarase unha proba de nivel as primeiras semanas do curso.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000