Resolución de problemas e/ou exercicios |
Os puntos teóricos explicados nas clases maxistrais exercitaranse a través de actividades de resolución de problemas e distintos tipos de exercicios que se farán na aula, normalmente en parellas ou pequenos grupos. |
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma |
Os puntos teóricos explicados nas clases maxistrais exercitaranse a través de actividades de resolución de problemas e distintos tipos de exercicios que o alumno realizará individualmente na casa. |
Sesión maxistral |
Nas sesións maxistrais explicaranse os puntos teóricos que, a continuación, se exercitarán mediante actividades fóra e dentro da aula. É fundamental que os devanditos puntos teóricos sexan estudados e asimilados polo estudante. |