O alumnado deberá elixir, de maneira obrigatoria nas dúas primeiras semanas de clase do cuadrimestre, entre dúas opcións: un sistema de avaliación continua ou un sistema de avaliación única. Recoméndase elixir o primeiro, unha vez que se trata do ensino dun idioma estranxeiro e é recomendable asistir con regularidade ás clases. O alumnado que non pode asistir regularmente ás clases debe comunicalo ao profesorado. A non realización de probas ou exercicios parciais previstos polo sistema de avaliación continua supón a obtención dunha cualificación 0 (cero) puntos na mesma. A data do último exame de avaliación continua coincidirá coa data do exame "avaliación única" incluída no calendario oficial da FFT. A avaliación única será valorada da seguinte maneira: 1. Proba escrita teoría-práctica: 75% da nota final. 2. Proba oral: 25% da nota final. Esta proba deberá ser gravada en forma de audio e a participación nela presupón o consentimento da gravación. É necesario superar ambas as probas para aprobar a materia. A non presentación nunha das probas, sen xustificación, supón a obtención dunha nota 0 (cero) puntos na mesma. Os mesmos criterios de avaliación serán aplicados na segunda edición das actas (xullo). Copia ou plaxio nos respectivos exames de avaliación continua ou única será penalizado cun suspenso (nota numérica cero) nas mesmas. Recoméndase a asistencia regular ás clases e titorías, asou como a consulta de materiais e informacións específicas na plataforma virtual Faitic. |