Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma |
Valoración global das actividades de repaso |
15 |
|
|
C1 C2
|
D2 D4
|
A avaliación e conseguinte cualificacióndo traballo do alumnado levarase a cabo cun procedemento de avaliación continua de acordo coas porcentaxes descritas máis arriba. A proba escrita realizarase na derradeira semana de clase. O alumnado que non se acolla ao sistema de avaliación continua e escolla avaliación única deberá realizar un exame escrito na derradeira semana de clase sobre os contidos da materia e máis outro oral noutra data concertada co profesorado para superala. O primeiro cun valor do 80% e o segundo cun valor do 20% da nota. Tanto no caso da avaliación continua, como da avaliación única, a nota do exame escrito non deberá ser inferior a 4 para superar a materia. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO): Exame teórico-práctico escrito dos contidos do curso polo 100% da cualificación. Para o alumnado que durante o curso se acolleu á avaliación única este exame ten un valor do 80% da nota; este alumnado terá que facer tamén unha proba oral polo 20% da cualificación para superar a materia. A nota do exame escrito non deberá ser inferior a 4 para superar a materia. A proba oral realizarase nunha data concertada co profesorado. |