Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma 2, III: Inglés
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Lección maxistral Exposición por parte da/o docente dos contidos da materia. As explicacións teóricas poderán irse intercalando coa posta en práctica dos coñecementos adquiridos, mediante exercicios ou proxectos a desenvolver polos estudantes.
Resolución de problemas Actividades de complemento ás sesións maxistrais nas que se formularán problemas e/ou exercicios relacionados cos contidos previamente explicados. O alumnado deberá producir as solucións adecuadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados.
Prácticas con apoio das TIC Repaso de contidos mediante a utilización das novas tecnoloxías.
Presentación O alumnado terá que facer presentacións orais na clase (en datas que serán fixadas pola/o docente con suficiente antelación).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000