Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma 2, III: Inglés
   Plan de Continxencias
 
Descrición
I. MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID-19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

II. ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS
1. Metodoloxías docentes que se manteñen
Non se mantén inalterada ningunha das metodoloxías docentes explicadas nesta guía. As metodoloxías utilizadas adaptaranse á docencia non presencial do xeito que se expón debaixo.

2. Metodoloxías docentes que se modifican
2.1. A lección maxistral, consistente na exposición por parte da/o docente dos contidos da materia, impartirase de xeito asíncrono mediante presentacións de PowerPoint ou similares ou, de ser o caso, mediante exposición en formato de vídeo, sempre mediante a plataforma Moovi ou as aulas virtuais da UVigo. As explicacións teóricas irán acompañadas de exercicios a desenvolver polos estudantes para consolidar os coñecementos adquiridos.
2.2. A resolución de problemas farase como complemento ás leccións maxistrais. Os problemas ou exercicios serán presentados por medio da plataforma Moovi. A corrección dos exercicios farase de maneira asíncrona mediante follas de respostas que a docente subirá á plataforma.
2.3. As presentacións orais na clase realizaranse por medio de Moovi ou as aulas virtuais da UVigo de xeito asíncrono, isto é, mediante a subida de arquivos de vídeo por parte do alumnado en datas que serán fixadas pola/o docente con suficiente antelación.

3. Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
O alumnado concertará unha data e hora de titorías no presenciais coa docente, que atenderá no espazo do despacho virtual.
Como alternativa, a docente poderá resolver dúbidas concretas respecto aos contidos da materia por medio de correo electrónico.

4. Modificacións dos contidos a impartir
Os contidos non se modifican nin en canto á temática nin en canto á secuenciación da aprendizaxe. Modifícanse, tal e como se explica no apartado 2, as metodoloxías docentes para impartir eses contidos.

5. Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
A bibliografía contida nesta guía docente está concibida para permitir e facilitar a autoaprendizaxe. En caso de precisar bibliografía a maiores, o alumnado acudirá a titorías virtuais coa docente, que lle facilitará referencias bibliográficas para complementar as xa referidas.

III. ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN
A avaliación non presencial está recollida no apartado correspondente da presente guía. Este sistema de avaliación só se implementará en caso de que as autoridades académicas indiquen a necesidade de realizar exames non presenciais por necesidades sanitarias.
As porcentaxes correspondentes a cada parte da materia non variarán en ningún caso.
Se o alumnado de avaliación continua tivese feito probas parciais antes de adoptarse a modalidade de docencia non presencial, as notas obtidas gardaranse para o cómputo final e farán media coas probas realizadas de xeito non presencial (cada parte da materia será avaliada mediante dúas probas parciais ao longo do curso, tal e como se explica no apartado correspondente da presente guía).
Se o alumnado de avaliación final tivese que facer o exame final mediante modalidade non presencial, as porcentaxes correspondentes a cada unha das partes dese exame serán as que figuran no apartado de Avaliación da presente guía.

Plan de continxencia sobre a modalidade mixta, na que unha parte do estudantado asistirá ás aulas de forma presencial e outra parte seguirá as clases dun modo síncrono (preferentemente) ou asíncrono: o profesorado manterá as metodoloxías, a atención personalizada e os sistemas de avaliación como se indica para a modalidade presencial, adaptando os grupos de estudantes e as quendas para cumprir coa normativa sanitaria que se estableza no seu momento.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000