Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 1, III: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas prácticas de execución de tarefas relacionadas coas destrezas adquiridas (cfr. outros comentarios para ver o número de probas e o seu peso en porcentaxe) 65 CB1
CE1
CE4
CE18
CE24
CE30
CT6
CT22
CT23
Exame oral Proba oral na que o alumnado deberá mostrar a adquisición das destrezas e coñecementos propios da materia. O formato e caracterísitcas da proba se explicarán nas sesións presenciais con antelación suficiente 35 CB1
CB2
CB5
CE1
CE2
CE4
CE12
CE18
CE24
CE25
CE27
CE30
CT2
CT6
CT9
CT15
CT17
CT22
CT23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Consideracións xerais

A cualificación final da materia
calcularase tendo en conta as destrezas traballadas ao longo do
cuadrimestre e o peso de cada unha delas na cualificación final será:
- Speaking: 35%
- Listening: 35%
- Use of English & vocabulary: 30%

Para superar a materia será imprescindible acadar unha
cualificación mínima de 5 puntos
como nota global, sendo 4 puntos a
puntuación mínima requirida en cada unha das destrezas. Téñase en conta
que esto non significa que se aprobe tal destreza con 4 puntos. Aquelas/es alumnas/os
que na primeira edición de actas obteñan unha cualificación de suspenso
nalgunha(s) das destrezas deberán repetir a(s) parte(s) correspondentes
a tal(es) destrezas no exame de xullo para poder aprobar a totalidade
da materia. De non superalas en xullo, a/o estudante deberá examinarse da
totalidade da materia en cursos académicos posteriores.

O
plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou actividade
suporá un suspenso automático na materia. Alegar descoñecemento do que
supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste
aspecto.

A avaliación terá en conta non só a
pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén
a súa corrección lingüística.

1ª Edición de actas (Xaneiro 2022)

Existen
dous sistemas de avaliación (continua e única) para superar a materia
nesta primeira oportunidade e participar nun deles implica a
imposibilidade
de participar no outro.

a) Avaliación continua
Para poder acollerse a este sistema é imprescindible
que o alumnado complete o seu perfil en MooVi cos seus datos de contacto e
fotografía durante as tres primeiras semanas do cuadrimestre. De igual
maneira, será imprescindible a súa participación nas diferentes
probas que se vaian realizando ao longo do cuadrimestre, así como a
entrega das actividades que corresponda nas datas sinaladas. As probas nas que non se participe ou as actividades non entregadas no prazo estipulado computarán como 0.

A
cualificación final daquelas/es alumnas/os que se acollan ao sistema de
avaliación continua computarase tendo en conta o seguinte:

- As competencias orais (speaking, 35%)
serán avaliadas por medio dunha proba que terá lugar nalgunha das
sesións das últimas semanas do primeiro cuadrimestre. A data exacta será fixada e
anunciada con suficiente anterioridade, en función dos horarios da
materia.

- As competencias de escoita (listening, 35%) serán
avaliadas mediante unha proba final que terá lugar nunha sesión das dúas últimas semanas do primeiro cuadrimestre. A data exacta será fixada e anunciada con suficiente
anterioridade, en función dos horarios da materia.

- As  competencias gramaticais e de uso (use of English & vocabulary, 30%) serán avaliadas por medio de dúas probas escritas que terán lugar en dúas sesións ao longo do cuadrimestre. As datas exactas
para cada unha destas probas será fixada e anunciada con
suficiente anterioridade, sendo a primeira proba en outubro/novembro e a segunda proba na última semana lectiva do cuadrimestre.

b) Avaliación única
A cualificación
final do alumnado que se acolla a este sistema de avaliación única
computarase en base ás cualificacións obtidas na proba única establecida
pola Facultade na data aprobada pola Xunta de Centro. A proba constará das 3 partes arriba mencionadas e o cálculo da cualificación se
realizará seguindo os mesmos criterios establecidos para a avaliación
continua. Téñase en conta que esta proba oficial establecida polo centro
estará destinada unica e exclusivamente a aquelas/es alumnas/os que non tomen parte en ningunha das probas de avaliación continua arriba mencionadas. En ningún caso
debe entenderse como unha posibilidade de recuperación para aquelas
persoas que, tendo participado na avaliación continua, non teñan
superado a (totalidade da) materia.

2ª Edición de actas (Xullo 2022)

O exame que o centro fixe oficialmente para o mes de xullo constará das partes necesarias para avaliar todas as destrezas (listening, speaking e use of English-vocabulary).
O peso de cada unha das destrezas na cualificación final será o mesmo
que na 1ª edición de actas e, de igual maneira, para superar a materia
será imprescindible acadar unha cualificación mínima de 5 puntos
como nota global, sendo 4 puntos a puntuación mínima requirida en cada
unha das destrezas
.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000