Lectura obrigatoria para o debate
Jorge Mira Pérez (2010). A ciencia no punto de Mira. Auga editora. ISBN 9788493667696
1ª edición das actas
O alumnado poderá escoller entre dous sistemas de avaliación. Deberá confirmar explicitamente
a) Avaliación continua: condicións
Os aspectos avaliados son os que aparecen nesta páxina por un valor do 100% da nota.
Condicións:
-Asistencia ó 80% por cento das aulas.
-Entrega dos traballos.
-Participación no debate.
Importante
Non se poderá renunciar á avaliación continua, unha vez escollida, agás por causas excepcionais e xustificadas.
O incumprimento das condicións da avaliación continua implicará o paso automático á avaliación única.
b) Avaliación única: condicións
1. Exame sobre os contidos da materia ó final do cuadrimestre (última semana de aulas) (80%)
2. Participación no debate sobre a lectura obrigatoria. (20%).
2ª edición das actas (xullo)
A avaliación farase a través dun exame (80%) e dunha proba oral na que se discutan temas que xurdan da lectura obrigatoria. Terase moi en conta a calidade da expresión oral (20%).
Importante
Cómpre ter un nivel avanzado das normas ortográficas e da gramática da lingua. Para comprobalo, poderase realizar un test a comezo do curso. Xa que se parte dun nivel C2, se algún alumno ou alumna considerar que non o ten, pode acadalo por medios alleos á docencia desta materia.