Avaliación contínua A presencialidade enténdese dentro e fóra das aulas. A avaliación das actividades de carácter non presencial concirne principalmente a participación nos foros de discusión, ó longo dos cales o estudantado deberá entregar, dentro dos prazos acordados, comentarios sobre os temas dos contidos, así como informes de lectura de documentos previamente propostos. A avaliación destes traballos farase consonte os criterios de corrección e adecuación aos contidos do curso que se empregarán na avaliación das actividades presenciais. A avaliación contínua da parte común (grupos A) farase atendendo ó seguinte calendario: 1. Proba 1 sobre as unidades 1, 2 e 3, que poderá consistir nunha proba presencial ou nun traballo. A proba realizarase ou entregarase na data de marzo de 2016 que se lle comunique ó alumnado a comezos de curso. 2. Proba 2 sobre as unidades 4, 5, 6 e 7, que poderá consistir nunha proba presencial ou nun traballo. A proba realizarase ou entregarase na data de maio de 2016 que se lle comunique ó alumnado a comezos de curso. A avaliación contínua da parte combinada (Grupos C) incluirá un exame que se celebrará o derradeiro día de clase do cuadrimestre. No que atinxe ás segundas convocatorias e seguintes, o protocolo de proba será o mesmo, polo que as convocatorias se resolverán de idéntica maneira. Convocatoria da primeira edición de actas (xuño de 2016) O alumnado que non opte pola avaliación contínua fará un exame final na sesión de clase que, respectivamente para a parte común e a parte combinada, sexa a derradeira do cuadrimestre. O alumnado interesado terá que realizar obrigatoriamente as dúas partes, e deberá presentarse obrigatoriamente a estas sesións. No caso da parte común, o exame poderá consistir nunha proba presencial ou nun traballo. En caso de aprobar unha das partes e suspender a outra, o alumno non terá que repetir na convocatoria de xullo a parte aprobada. A nota da parte aprobada conservarase ata a convocatoria de xullo de 2016 e fará media coa da outra parte en caso de que esta sexa aprobada en xullo. Convocatoria da segunda edición de actas (xullo de 2016) Na convocatoria de xullo de 2016 os alumnos farán un exame final de toda a materia, ou ben da parte suspensa ou non presentada na convocatoria anterior. O exame celebrarase na data fixada pola facultade e constará dunha parte teórica (50%) e outra práctica (50%). O alumnado interesado terá que realizar obrigatoriamente as dúa s partes. |