Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 2, II: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Presentacións realizadas polo alumnado na clase acerca de temas previamente acordados co profesorado 10
Outras O alumnado deberá ler unha ou dúas obras curtas (os títulos indicaranse o primeiro día de clase, na presentación) que será(n) avaliada(s) mediante probas orais 10
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas prácticas de execución de tarefas relacionadas coas destrezas
adquiridas
80
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Consideracións xerais

A cualificación final da materia calcularase tendo en conta todas as destrezas traballadas ao longo do cuadrimestre, tendo cada unha delas o mesmo peso na cualificación final (Writing : 20%; Speaking: 20%; Listening: 20%; Reading: 20%; Use of English: 20%). Para superar a materia será imprescindible acadar unha cualificación mínima de 5 puntos como nota global, sendo 4 puntos a puntuación mínima requirida en cada unha das destrezas. Aquelas/es alumnas/os que na primeira edición de actas obteñan una cualificación de suspenso nalgunha(s) das destrezas deberán repetir a(s) parte(s) correspondentes a tal(es) destrezas no exame de xullo para poder aprobar a totalidade da materia. De non superalas en xullo, o alumno deberá examinarse da totalidade da materia en cursos académicos posteriores.

O(s) título(s) da(s) obra(s) de lectura obrigatoria será(n) indicado(s) durante as dúas primeiras semanas de clase, tanto na aula coma na plataformaTEMA. A lectura desta(s) obra(s) será avaliada mediante, probas orais, nas dúas edicións de actas (abril-maio e xullo), independentemente do sistema de avaliación (continua ou única) polo que se opte.

O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou actividade suporá un suspenso automático na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

1ª Edición de actas (abril-maio 2015)

Existen dous sistemas de avaliación (continua e única) para superar a materia nesta primeira oportunidade e participar nun deles implica a imposibilidade de participar no outro.

a) Avaliación continua
Para poder acollerse a este sistema é imprescindible que o alumnado entregue unha ficha cos seus datos de contacto e fotografía durante as tres primeiras semanas do cuadrimestre. De igual maneira, será imprescindible a súa participación nas diferentes probas que se vaian realizando ao longo do cuadrimestre, así como a entrega das actividades que corresponda nas datas sinaladas. As probas nas que non se participe ou as actividades non entregadas no prazo estipulado computarán como 0.
Enténdese que o alumnado que se acolla a este sistema de avaliación continua asistirá regularmente a clase (80% das sesión presenciais).

A cualificación final daquelas/es alumnas/os que se acollan ao sistema de avaliación continua computarase tendo en conta:

- Probas realizadas ao final da primeira metade do cuadrimestre, periodo durante o cal a docencia estará ao cargo de Ana Elina Martínez Insua (50%):

  • Martes 3 de marzo de 2015: proba de Listening e Reading
  • Luns 9 de marzo de 2015: proba de Writing e Use of English
  • Martes 10 de marzo de 2015: proba de Speaking.

- Probas realizadas ao final da segunda metade do cuadrimestre, periodo durante o cal a docencia estará ao cargo de Jorge Figueroa Dorrego (50%):

  • Martes 21 de abril de 2015: proba de Listening e Reading
  • Luns 27 de abril de 2015: proba de Writing Use of English
  • Martes 28 de abril de 2015: proba de Speaking

b) Avaliación única
A cualificación final do alumnado que se acolla a este sistema de avaliación única computarase en base ás cualificacións obtidas nas probas finais, que terán lugar os días 21, 27 e 28 de abril, coincidindo cos da segunda metade (ver arriba).

2ª Edición de actas (xullo 2015)

O exame que o centro fixe oficialmente para o mes de xullo constará das partes necesarias para avaliar todas as destrezas (Reading, Listening, Writing, Speaking e Use of English). O peso de cada unha das destrezas na cualificación final será o mesmo que na 1ª edición de actas e, de igual maneira, para superar a materia será imprescindible acadar unha cualificación mínima de 5 puntos como nota global, sendo 4 puntos a puntuación mínima requirida en cada unha das destrezas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000