Guia docente 2022_23
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Lingua: Lingua A2, I: Expresión escrita e oral: Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Presentación Consistirá na presentación oral dun tema por parte do alumnado 45 CB2
CB4
CE3
CE10
CE18
CT12
CT18
CT23
Traballo Consistirá na elaboración de prácticas realizadas en clase. Para chegar ao 5 nesta parte é preciso presentar a metade das prácticas máis unha. 10 CB1
CB2
CB3
CB4
CB5
CE3
CE4
CE18
CT1
CT7
CT12
CT23
Exame de preguntas de desenvolvemento Consistíirá nunha proba de comunicaión escrita 45 CB1
CE3
CE4
CE10
CE18
CT1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Ao comezo do curso, o alumnado deberá indicarlle á docente a forma de avaliación pola que optan, é dicir, avaliación continua  (traballos de aula, presentacións, probas, etc.) ou avaliación única (o exame terá lugar na data indicada no calendario oficial de exames da FFT). Os discentes que se acollan ao sistema de avaliación única realizarán un exame no que terán cabida cuestións teóricas e prácticas. O exame para o alumnado que opte pola modalidade de avaliación continua terá lugar durante a última semana do curso. O alumnado que opte pola avaliación continua e que non supere a materia ao final do cuadrimestre poderán presentarse á convocatoria oficial de xullo e ás sucesivas convocatorias, nas que non se gardarán as cualificacións obtidas a través das probas, actividades e traballos realizados ao longo do curso. O estudantado Erasmus poderá realizar as probas coa axuda dun dicionario. O exame de xullo constará dunha parte teórica e unha parte práctica. Tanto nas probas como no resto dos exercicios propostos ao longo do curso penalizaranse os erros ortográficos, os erros na expresión, as incoherencias sintácticas, etc.; se durante a corrección de actividades e traballos detéctase copia ou plaxio, os referidos traballos non se valorarán.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000