Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Lingua: Lingua A2, I: Expresión escrita e oral: Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividade introdutoria. Durante a primeira sesión buscarase recoller información sobre os coñecementos de partida, os intereses e as motivacións dos discentes.
Sesión maxistral Actividade teórica. Consiste na exposición dos contidos xerais da materia co obxectivo de comunicar coñecementos e metodoloxías de análise. As explicacións estarán ordenadas e ben estruturadas e contarán con exemplos claros que aseguren a comprensión dos contidos. Ocasionalmente poderán estar apoiadas por presentacións.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Formularanse na aula unha serie de exercicios e lecturas relacionados coa materia traballada nas clases. O obxectivo é reflexionar e relacionar teoría e práctica. Tamén constitúe unha actividade básica para reforzar os coñecementos que se van adquirindo.
Presentacións/exposicións Actividade práctica. A profesora da materia explicará a técnica axeitada para realizar unha presentación oral. A partir desta os/as discentes elaborarán a súa exposición. O seguinte paso consistirá na exposición oral (en grupos de tres ou catro persoas) dun tema que se escollerá na clase.
Traballos de aula Actividade práctica orientada na aula polo docente. Aínda que o alumnado poderá traballar de forma autónoma na materia, estes traballos de aula terán como obxectivo a proposta de certas actividades que se desenvolverán coa colaboración de alumnos e docente durante catro sesións presenciais dunha hora cada unha.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000