Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Lingua: Lingua A2, I: Expresión escrita e oral: Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Valorarase a preparación dun traballo tutelado, individual e breve (5 folios) no que se atenderá especialmente á corrección do texto. 10
Resolución de problemas e/ou exercicios

Durante o curso a profesora especificará cales das diferentes actividades prácticas serán avaliables. Terase moi en conta a actitude e participación do alumnado nas aulas.
20
Sesión maxistral

Valorarase a atención dos discentes, a súa curiosidade intelectual, a reflexión e mesmo o debate se se considera oportuno.
15
Eventos docentes e/ou divulgativos Valorarase a asistencia a calquera actividade programada relacionada coa materia e a entrega dunha recensión persoal.
5
Probas de resposta curta Realizaranse dúas probas durante o cuadrimestre: unha sobre a normativa ortográfica e morfolóxica (CONTRA A METADE DE MARZO) e outra sobre aspectos gramaticais (PRIMEIROS DÍAS DE MAIO). Ámbalas dúas deberán ser superadas para obter a cualificación total deste apartado. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación









MOI IMPORTANTE


A. Para poder optar á avaliación continua débense cumprir os seguintes requisitos: entrega de ficha debidamente cuberta na data esixida, asistencia habitual ás aulas, entrega dos traballos obrigatorios.

B. O alumnado que opte pola modalidade presencial someterase ás dúas probas avaliables necesarias para conseguir o aprobado da materia: unha sobre o dominio da normativa ortográfica e morfolóxica do galego e outra sobre construción  e corrección textual, aspectos gramaticais e cuestións léxico-semánticas traballadas durante o curso. Ámbalas dúas probas deberán ser superadas. De ser o caso, realizarase unha media aritmética cara á cualificación final deste apartado. Na segunda edición das actas non se conservará a cualificación de ningunha  das dúas probas superadas.

C.  O alumnado  que non se acolla á  modalidade presencial realizará contra a primeira semana de maio unha proba teórico práctica sobre os contidos da materia, unha proba oral e  terán a obriga de entregar un traballo individual consensuado de antemán coa profesora.
Recoméndase remitir á  docente un correo electrónico para se informar da data precisa dos exames, que tamén se anunciará en faitic.
O mesmo sistema seguirase cos alumnos que concorran á segunda ou posteriores convocatorias.

Calquera tipo de plaxio será penalizado co suspenso.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000