Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Ferramentas para a tradución e a interpretación I: Informática
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Práctica sobre ofimática avanzada; introdución á tradución asistida; e xestión de proxectos, ferramentas telemáticas e traballo colaborativo (40%)

Práctica sobre tradución asistida por computador cun paquete de software específico de tradución asistida (40%).
80
Probas de tipo test Proba tipo test para avaliar os coñecementos relacionados coas competencias da materia. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O curso académico ten dúas convocatorias oficiais de avaliación. En todas as convocatorias, para o sistema de cualificacións, vaise seguir o Real
Decreto 1125/2003, de 5 de setembro, polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións
nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio do Estado.


1. - PRIMEIRA CONVOCATORIA DE AVALIACIÓN

Na primeira convocatoria de avaliación o sistema de avaliación vai distinguir entre as dúas modalidades de ensino existentes: a modalidade de "ensino presencial e avaliación continua" e a
modalidade de "exame final único e avaliación única".


1.1. - MODALIDADE DE ENSINO PRESENCIAL E AVALIACIÓN CONTINUA


O nivel de presencialidade mínimo para poderse acoller á avaliación continua
será o recomendado pola Comisión de Calidade, que recomenda establecelo na asistencia ao 80% das clases presenciais, agás circunstancias especiais que valoraran os docentes. Vanse ter en conta, por exemplo, as especiais circunstancias do alumnado de selectividade da convocatoria de setembro e do alumnado de intercambio (Erasmus, Sócrates, etc.) que, 'tradicionalmente', incorpórase mais tarde á docencia do curso.

O alumnado que queira acollerse ao sistema de avaliación continua deberá entregar una ficha de control (dispoñible de maneira gratuíta na Conserxería da FFT do Pavillón Central), convenientemente enchida e coa súa fotografía. Deberá entregala dentro dos primeiros 15 días do curso. Se non entrega a devandita ficha entenderase que o estudante NON quere acollerse ao sistema de Avaliación continua.

O alumnado que se acolla á modalidade de ensino presencial (avaliación continua) poderá (e deberá) ir acumulando nota ao longo do curso ata un máximo de 10,0 puntos posibles (o 100% da nota final da materia).

A avaliación vai consistir na realización dunha parte teórica e dunha parte práctica:

  • A parte teórica constituirá o 20% da cualificación final total (isto é, 2,0 puntos sobre os 10,0 posibles). Consistirá nunha ou varias probas de tipo test cun valor máximo de 2,0 puntos en total. As preguntas estarán relacionadas con aspectos teóricos da materia e o valor de cada resposta correcta será proporcional ao número total de preguntas formuladas. Vanse penalizaran tanto as
    respostas deixadas en branco como as respostas incorrectas. 
  • A parte práctica constituirá o 80% da cualificación final total (isto é, 8,0 puntos sobre os 10,0 posibles). Consistirá nun conxunto

    de probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Cada unha das probas terá unas pautas concretas de obrigado cumprimento como son un tempo limitado de execución, unha data máxima de entrega e uns parámetros específicos de realización (cuns programas e versións concretos a empregar, cuns formatos específicos de traballo, cuns métodos concretos de entrega, etc.). Calquera proba entregada que non cumpra cos requisitos esixidos será penalizada segundo os parámetros de avaliación establecidos de antemán. Cada proba poderá entregarse unha soa vez. Unha vez expirado o prazo máximo de entrega non se aceptará proba algunha (agás circunstancias especiais que valoraran os docentes) e as probas non entregadas cualificaranse con 0,0 puntos.

Para aprobar a materia na avaliación continua de esta primeira convocatoria o alumnado deberá obter un mínimo de 5,0 puntos sumando a cualificación obtida na parte teórica e a cualificación obtida na parte práctica da avaliación continua da materia.

Aínda que a Comisión de Calidade e a Coordinación de Grao 'recomendan' que o alumnado que na primeira convocatoria non supere a avaliación continua non se poida presentar á avaliación única; nesta materia en particular, e de maneira excepcional polas especiais circunstancias da mesma (traballar con máquinas pode resultar moitas veces incluso ata desesperante; moitas veces o seu 'comportamento' é impredicible; e, si ben ao principio do curso a configuración de todos os computadores é a mesma, o certo é que co transcorrer do tempo cada un deles vai adquirindo 'vida propia' non sabemos moi ben porqué), o alumnado que non supere a avaliación continua SI PODERÁ PRESENTASE ao exame final único da avaliación única.




1.2. - MODALIDADE DE EXAME FINAL ÚNICO E AVALIACIÓN ÚNICA

O alumnado que se acolla á modalidade de exame final único e a avaliación única vai ter que realizar unha única proba de tipo test cun valor máximo de 10,0
puntos en total (o 100% da nota final).

As preguntas estarán relacionadas, de maneira xeral, con aspectos teóricos e prácticos
da materia; e, de maneira particular, coas probas prácticas de execución de tarefas reais e/ou simuladas realizadas na modalidade de ensino presencial. Xa que nesta modalidade de exame final (por razóns de tempo, infraestrutura e de procedemento, basicamente) non se vai esixir ao alumnado que faga ningunha proba práctica, como mínimo, váiselle esixir que probe que sabería facelas se fose necesario (que sabería utilizar os programas, formatos, procedementos, metodoloxías, etc. esixibles para a súa realización).

O valor de cada resposta correcta será proporcional ao
número total de preguntas formuladas; e, vanse penalizaran tanto as
respostas deixadas en branco como as respostas incorrectas.

Para aprobar a materia nesta avaliación única da primeira convocatoria o alumnado deberá obter un mínimo de 5,0 puntos no exame final único da avaliación única da materia.

Por acordo da Xunta de Facultade do 11/06/12, neste curso académico 2012-2013, a responsabilidade de fixar a data para a realización do exame único final da cada materia correrá a cargo dos docentes da materia. Neste caso en concreto o exame final único da materia terá lugar a última semana do curso. O día e a data acordados serán comunicados ao Decanato da FFT e ao alumnado da materia, e publicados tanto na web da FFT como na web da materia, tan pronto como sexan fixados os horarios definitivos da materia.

2. - SEGUNDA CONVOCATORIA DE AVALIACIÓN


O alumnado que se presente á segunda convocatoria de avaliación vai ter que realizar unha única proba de tipo test cun
valor máximo de 10,0
puntos en total (o 100% da nota final).

As preguntas estarán
relacionadas, de maneira xeral, con aspectos teóricos e prácticos
da materia; e, de maneira particular, coas probas prácticas de
execución de tarefas reais e/ou simuladas realizadas na modalidade de
ensino presencial. Xa que nesta modalidade de exame final (por razóns de
tempo, infraestrutura e de procedemento, basicamente) non se vai esixir
ao alumnado que faga ningunha proba práctica, como mínimo, váiselle
esixir que probe que sabería facelas se fose necesario (que sabería
utilizar os programas, formatos, procedementos, metodoloxías, etc.
esixibles para a súa realización).

O valor de cada resposta correcta será proporcional ao
número total de preguntas formuladas; e, vanse penalizaran tanto as
respostas deixadas en branco como as respostas incorrectas.

Para aprobar a materia nesta segunda convocatoria o alumnado deberá obter un mínimo de 5,0 puntos na proba única tipo test.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000