Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma |
Valoración global das actividades de repaso |
15 |
|
|
C18
|
D15 D23
|
A avaliación e conseguinte cualificación
do traballo do alumnado levarase a cabo cun procedemento de avaliación continua
de acordo coas porcentaxes descritas máis arriba. O alumnado que non se acolla ao sistema de
avaliación continua e escolla avaliación única deberá realizar un exame escrito
ó final do cuadrimestre sobre os contidos da materia e máis outro oral para
superala. O primeiro cun valor do 80% e o segundo cun valor do 20% da nota. O exame final
escrito realizarase para todo o alumnado a derradeira semana de clase. Tanto no caso da
avaliación continua, como da avaliación única, a nota do exame escrito non
deberá ser inferior a 4 para superar a materia. O alumnado Erasmus que desexe facer esta
materia deberá acreditar un nivel B1 de español; cursarala con os mesmos
dereitos e obrigas que calquera outro estudiante. SEGUNDA EDICIÓN
DE ACTAS (XULLO): Exame teórico-práctico escrito dos contidos do curso polo
100% da cualificación. Para o alumnado que durante o curso se acolleu á
avaliación única este exame ten un valor do 80% da nota; este alumnado terá que
facer tamén unha proba oral polo 20% da cualificación para superar a materia. A
nota do exame escrito non deberá ser inferior a 4 para superar a materia. A
proba oral realizarase nunha data concertada co profesorado. |