Para poder seguir as clases recoméndase posuír un nivel B1+ (Marco Europeo de Referencia) ou Intermedio (Escola Oficial de Idiomas) de inglés.
O traballo diario e autónomo do alumnado resulta imprescindible para seguir e superar a materia. Debe terse en conta que as horas de clase na aula non son máis que parte das horas totais de traballo do alumnado necesarias para superar a materia; en ningún caso representan a totalidade de horas que a/o alumna/o deberá adicarlle a esta materia. Neste sentido, é altamente recomendable que o material manexado polo alumnado non se limite ao visto nas sesións presenciais. Recoméndase que o alumnado adique tempo á lectura de xornais, libros e revistas en lingua inglesa, ao visionado de vídeos, películas, series e similares en lingua inglesa, etc.
Recoméndase o emprego e consulta cotidianos da plataforma de teledocencia. O profesorado proporcionará material e contactará co alumnado a través dela.
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000