Educational guide 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 1, I: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Presentación En sesións prácticas do curso previamente anunciadas pola/s docente/s, o alumnado fará presentacións orais na aula que serán avaliadas con respecto á destreza de "Speaking".
40 CB2
CB4
CB5
CE1
CE2
CE4
CE10
CE11
CE18
CE24
CE27
CT3
CT9
CT12
CT15
CT17
CT23
Resolución de problemas e/ou exercicios Nas sesións prácticas das semanas 6 e 12 (as semanas poden variar lixeiramente en función do calendario do cuadrimestre), o alumnado será avaliado da destreza de comprensión auditiva ("Listening"). 20 CB2
CB4
CB5
CE1
CE2
CE4
CE10
CE11
CE18
CE24
CE27
CT3
CT9
CT12
CT15
CT17
CT23
Exame de preguntas obxectivas Nas sesións teóricas das semanas 6 e 12 (as semanas poden variar lixeiramente en función do calendario do cuadrimestre), o alumnado será avaliado dos contidos teóricos da materia. 40 CB2
CB5
CE1
CE2
CE4
CE18
CE24
CE27
CT9
CT15
CT17
CT23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

a) Primeira edición de actas:



a.1) Avaliación continua:

O dominio das competencias lingüísticas e comunicativas a nivel C1 será
avaliado por medio de dúas probas parciais para cada unha das destrezas
especificadas no programa.

As probas orais, en forma de presentacións, terán lugar ao longo do cuadrimestre, en datas anunciadas polas docentes con suficiente antelación. As probas de contido teórico terán lugar durante as
sesións teóricas das semanas 6 e 12 (as datas correspóndense coas datas das
clases nesas semanas). As probas de escoita terán lugar durante as sesións
prácticas das semanas 6 e 12 (as semanas poden variar lixeiramente en función do calendario do cuadrimestre). Se alguén realiza só unha proba parcial, a súa
nota corresponderase coa nota ponderada obtida nesa proba.

En ningún caso se realizarán probas parciais en datas diferentes ás anunciadas polas docentes.

Para aprobar a materia, o alumnado deberá aprobar cada unha das destrezas
que se avalían, isto é, destrezas de audición e produción oral, así coma
contidos teóricos. O suspenso nunha destas partes implica un suspenso na
materia.

De suspender algunha(s) das catro partes de que consta a materia -- isto é, Pronunciation, Vocabulary, Listening ou Speaking -- , o alumnado examinarase no mes de xullo
da(s) parte(s) suspensa(s) (para máis detalles, véxase apdo. b). De non
aprobar en xullo, o alumnado deberá examinarse de todas as destrezas no
seguinte curso académico (non se gardarán notas parciais das distintas
destrezas dun curso para outro).

A realización dunha ou varias das probas parciais ou notas obtidas pola
participación activa do alumnado nas sesións docentes
 implica a
aceptación do sistema de avaliación continua por parte do alumnado. O alumnado
avaliado mediante o sistema de avaliación continua non poderá presentarse ao
exame final e a súa nota da primeira edición de actas corresponderá ao cómputo
das notas obtidas na(s) proba(s) realizada(s) durante o curso.

a.2) Avaliación única:

O alumnado que non realice ningún exame parcial poderá presentarse a un
exame único (100% da cualificación final), que terá lugar na data oficial
establecida no calendario de exames da Facultade de Filoloxía e Tradución. Ese
exame terá asignadas as porcentaxes que seguen: escoita (20%); produción oral
(40%); contidos teóricos (40%), divididos entre vocabulario (20%) e
fonética-fonoloxía (20%).

Para aprobar a materia, o alumnado que se presente ao exame único deberá
aprobar cada unha das destrezas que se avalían, isto é, destrezas de audición e
produción oral, así coma contidos teóricos. O suspenso nunha destas partes
implica un suspenso na materia.

De suspender algunha(s) das partes das que consta o exame único, o alumnado
examinarase no mes de xullo da(s) parte(s) suspensa(s) (para máis detalles,
véxase apdo. b). De non aprobar en xullo, o alumnado deberá examinarse de
todas as destrezas no seguinte curso académico (non se gardarán notas parciais
das distintas destrezas dun curso para outro).

Como se indicou anteriormente, o alumnado que teña obtido algunha nota polo
sistema de avaliación continua non poderá realizar o exame único.

a.3) Avaliación continua/única non presencial:

Se por
algunha circunstancia relacionada coa situación derivada da COVID-19 as
clases presenciais non puidesen celebrarse ou fosen suspendidas en
calquera momento do cuadrimestre, a proba ou probas de avaliación
pendentes de realización serían realizadas mediante a plataforma de
docencia online (Faitic). Neste caso, as persoas que seguisen a
avaliación continua e xa tivesen feito algún exame presencial,
completarían as probas co/s exame/s restantes feitos mediante Faitic,
mentres que as persoas que seguisen a avaliación final, realizarían esta
avaliación cunha única proba para cada parte da materia. En calquera
dos dous casos, as porcentaxes da nota asignadas a cada parte serán as
especificadas nos apartados a.1 e a.2.

b) Segunda edición de actas:

b.1) Presencial:

O alumnado que suspenda a avaliación continua ou, de ser o caso, o exame
final, será avaliado mediante o exame único que o centro fixe oficialmente para
o mes de xullo. Este exame computará coma o 100% da nota e constará de diversas
partes correspondentes a escoita (20%); produción oral (40%); contidos teóricos
(40%), divididos entre vocabulario (20%) e fonética-fonoloxía (20%).

Tal e como se explicou no apdo. a), a este exame poderá presentarse o alumnado
que teña suspensa algunha das partes da materia. O alumnado deberá examinarse
só da(s) parte(s) que ten suspensa(s) e gardaránselle as notas parciais das
outras partes obtidas ben ao longo do curso, ben no exame único (ditas notas só
se gardarán ata a convocatoria de xullo, en ningún caso durante máis tempo).

b.2) Non presencial:

Se
por
algunha circunstancia relacionada coa situación derivada da COVID-19 os
exames presenciais non puidesen celebrarse, a proba ou probas de
avaliación
serían realizadas mediante a plataforma de
docencia online (Faitic) e/ou o Campus Remoto da UVigo:

O alumnado que suspenda a avaliación
continua ou, de ser o caso, o
exame ao
final do cuadrimestre, será avaliado mediante o exame único non
presencial
na data oficial publicada na páxina web da FFT. Este exame computará
coma o 100% da
nota e constará de diversas partes correspondentes a escoita (20%); produción oral (40%); contidos teóricos
(40%), divididos entre vocabulario (20%) e fonética-fonoloxía (20%).

Tal e
como se explicou no apdo. a.1), a este exame poderá presentarse o
alumnado que teña suspensa algunha das partes da materia. O alumnado deberá examinarse só da/s parte/s suspensa/s.

c) Observacións finais:

Durante a realización dos exames presenciais non se permitirá a utilización de diccionarios, ordenador, teléfono móbil, nin a conexión a Internet. No caso de avaliación non presencial non se permitirá o uso de diccionarios e só se poderá usar internet para acceder á plataforma na que se faga o exame. 

A reproducción total ou parcial de contidos cuxa autoría non sexa do alumnado sen que este cite as fontes dos devanditos contidos constitutirá plaxio; o plaxio considérase falta moi grave, e conducirá ao suspenso na parte ou partes en que se teña incorrido nesta falta.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000