Educational guide 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 1, I: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación En sesións prácticas, o alumnado realizará presentacións orais na aula que serán avaliadas con respecto á destreza de produción oral "Speaking".
30 A1
A2
A4
A5
C1
C2
C4
C10
C11
C18
C24
C30
D2
D3
D10
D12
D15
D17
D23
Resolución de problemas e/ou exercicios En sesións prácticas, o alumnado será avaliado da destreza de comprensión auditiva "Listening". 30 A1
A2
A5
C1
C2
C4
C10
C11
C18
C24
C27
C30
D2
D9
D10
D15
D17
D23
Exame de preguntas obxectivas En sesións teóricas, o alumnado será avaliado dos contidos teóricos de pronunciación (fonética e fonoloxía). 20 A2
A5
C1
C2
C4
C18
C24
C27
C30
D2
D9
D15
D23
Exame de preguntas obxectivas En sesións teóricas, o alumnado será avaliado de contidos relacionados co aprendizaxe de vocabulario. 20 A2
A5
C1
C2
C4
C18
C24
C27
C30
D2
D9
D17
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CONSIDERACIÓNS XERAIS



O dominio das competencias
lingüísticas e comunicativas desta materia será avaliado por medio de varias
probas parciais para cada unha das destrezas especificadas nesta guía docente. As
datas concretas para cada proba serán anunciadas polo profesorado na aula con suficiente
antelación.

A cualificación
final da materia será calculada tendo en conta todas as destrezas traballadas
ao longo do cuadrimestre, coa distribución indicada no epígrafe anterior e
detallada nesta sección.

Na primeira
edición de actas existen dous sistemas de avaliación: continua e única. A modalidade
por defecto será a avaliación continua, excepto expresa notificación por parte
da/o estudante da súa preferencia polo sistema de avaliación única. O alumnado
que opte por avaliación única debe comunicarllo ao profesorado da materia antes
de finais da segunda semana de clase como data límite.

Participar nun
dos sistemas de avaliación implica a imposibilidade de participar no outro. A
realización dunha ou varias probas parciais implica a aceptación do sistema de
avaliación continua por parte do alumnado; igualmente, a ausencia a unha ou
varias probas parciais implica o seguimento da materia por avaliación única.

O alumnado
avaliado mediante o sistema de avaliación continua non poderá presentarse ao
exame oficial de avaliación única na primeira edición de actas. A súa nota na
primeira edición de actas corresponderá ao cómputo das notas obtidas na(s)
proba(s) realizada(s). Tampouco se contempla o exame oficial de avaliación
única na primeira edición de actas como exame de recuperación para aprobar as
partes das destrezas suspensas na avaliación continua.

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

AVALIACIÓN CONTINUA



Para ser avaliado
polo sistema de avaliación continua, é imprescindible a participación da/o
estudante en todas as probas de avaliación que se vaian realizando ao longo do
cuadrimestre, así como a entrega das actividades nas datas sinaladas.

PRONUNCATION THEORY (20%), VOCABULARY (20%), SPEAKING (30%), LISTENING (30%) 



As probas de
avaliación terán lugar en horario lectivo, agás acordo previo co profesorado da
materia. As datas concretas serán anunciadas en clase ao comezo do cuadrimestre e con
suficiente antelación para a súa preparación.

Para superar a
materia na súa totalidade será imprescindible acadar unha cualificación mínima de 5 puntos como nota global (sobre 10), sendo
5 puntos a puntuación mínima requirida en cada unha das probas parciais: PRONUNCATION THEORY, VOCABULARY, SPEAKING, LISTENING. É dicir: cómpre aprobar cada unha das destrezas da
materia cun 5, e o suspenso nunha das destrezas implica un suspenso global na
materia nesta edición de actas. As mesmas condicións aplícanse na segunda
edición de actas e independentemente do sistema de avaliación.

O alumnado poderá
examinarase na segunda edición de actas unicamente da(s) parte(s) suspensa(s).
De non aprobar nesta segunda oportunidade, o alumnado deberá examinarse de
todas as destrezas en cursos posteriores: non se gardarán notas parciais das
distintas destrezas dun curso para outro.

AVALIACIÓN ÚNICA



A avaliación
única terá lugar na data oficial aprobada pola Xunta da FFT. É responsabilidade
do alumnado consultar as datas na páxina web da Facultade.

A cualificación
final do alumnado que se acolla a este sistema de avaliación única computarase
en base ás cualificacións obtidas nesta data oficial. A proba constará das
partes necesarias para avaliar todas as destrezas impartidas durante o cuadrimestre,
paralelo ao sistema de avaliación continua, agás indicacións diferentes por parte do profesorado.
O valor de cada unha das destrezas na cualificación será igual á avaliación
continua: PRONUNCATION THEORY (20%), VOCABULARY (20%), SPEAKING (30%), LISTENING (30%).

Para superar a materia
será imprescindible acadar unha cualificación mínima de 5 puntos como nota
global, sendo 5 puntos a puntuación mínima requirida en cada unha das destrezas
avaliadas (PRONUNCATION THEORY, VOCABULARY, SPEAKING, LISTENING). É dicir: cómpre aprobar cada unha das
destrezas da materia cun 5, e o suspenso nunha das destrezas implica un
suspenso global na materia nesta edición de actas.

O alumnado poderá
examinarase na segunda edición de actas unicamente da(s) parte(s) suspensa(s).
De non aprobar nesta segunda oportunidade, o alumnado deberá examinarse de
todas as destrezas no seguinte curso académico: non se gardarán notas parciais
das distintas destrezas dun curso para outro.

 

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS



O exame no
período de segunda edición de actas, independentemente da modalidade escollida
na primeira edición de actas, terá lugar na data oficial aprobada pola Xunta da
FFT. É responsabilidade do alumnado consultar as datas na páxina web da
Facultade. O alumnado que
teña que recuperar a presentación oralacordará
a hora desta proba co profesorado da materia.

A cualificación final
do alumnado que se acolla a este sistema de avaliación única computarase en
base ás cualificacións obtidas nesta data oficial. A proba constará das partes
necesarias para avaliar todas as destrezas impartidas durante o cuadrimestre. O
valor de cada unha das destrezas na cualificación será igual á a avaliación
continua: PRONUNCATION THEORY (20%), VOCABULARY (20%), SPEAKING (30%), LISTENING (30%).

Para superar a materia
será imprescindible acadar unha cualificación mínima de 5 puntos como nota
global, sendo 5 puntos a puntuación mínima requirida en cada unha das destrezas
avaliadas (PRONUNCATION THEORY, VOCABULARY, SPEAKING, LISTENING). É dicir: cómpre aprobar cada unha das
destrezas da materia cun 5, e o suspenso nunha das destrezas implica un
suspenso global na materia nesta edición de actas.

O alumnado poderá
examinarase na segunda edición de actas unicamente da(s) parte(s) suspensa(s).
De non aprobar nesta segunda oportunidade, o alumnado deberá examinarse de
todas as destrezas no seguinte curso académico: non se gardarán notas parciais
das distintas destrezas dun curso para outro.

OBSERVACIÓNS



A avaliación terá
en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a
súa corrección lingüística e estilística. De non ser así, a proba de avaliación
pode resultar nun suspenso.

O plaxio total ou
parcial en calquera tipo de traballo ou actividade suporá un suspenso
automático na materia no seu conxunto,
independentemente das probas xa realizadas e/ou aprobadas. Alegar
descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa
responsabilidade neste aspecto. 



É
responsabilidade do alumnado consultar o correo electrónico con regularidade,
consultar os materiais e as novidades a través da plataforma de teledocencia, e
estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar. As datas
de avaliación única son anunciadas na web da FFT. As datas de avaliación
continua son anunciadas na clase con suficiente antelación, agás aquelas probas de carácter
espontáneo. Non hai obriga de comunicar as datas de avaliación mediante
a plataforma de teledocencia.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000