Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Análise e interpretación literaria de textos do primeiro idioma estranxeiro: inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame parcial ao remate do primeiro bloque de contidos (temas 1 e 2). Será obxecto de exame todo o material visto en clase. Ademais, o exame poderá conter preguntas sobre textos poéticos non vistos en clase.
Na avaliación desta proba terase en conta tanto o contido coma a súa correcta expresión lingüística e presentación formal.
40 A3
A4
B1
B6
B7
C2
C3
C5
C8
C10
C11
C13
D1
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame parcial ao remate do segundo bloque de contidos (narrativa). Será obxecto de exame todo o material narrativo visto en clase. Ademais, o exame poderá conter preguntas sobre algún texto narrativo fornecido polo profesorado que non fora visto en clase.
Na avaliación desta proba terase en conta tanto o contido coma a súa correcta expresión lingüística e presentación formal.
40 A3
A4
B1
B6
B7
C2
C3
C5
C8
C10
C11
C13
D1
Traballo Un traballo individual escrito sobre un texto acordado co profesorado no prazo dun mes desde o comezo das aulas. As características específicas do traballo serán detalladas polo profesorado na aula. 20 A3
A4
A5
B6
B7
B8
C4
C6
C7
C8
C9
C10
C11
C12
C13
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

Na primeira edición de actas a avaliación por defecto será continua (segundo
o especificado arriba). Excepcionalmente, o alumnado que, por motivos
xustificados, non poida seguir a avaliación continua poderá optar polo sistema
de avaliación única detallado embaixo. Este alumnado deberá comunicarlle a
situación ao profesorado durante as dúas primeiras semanas de aulas.

A realización da primeira proba parcial implica a aceptación do sistema de
avaliación continua por parte do alumnado. O alumnado avaliado mediante o
sistema de avaliación continua non poderá presentarse ao exame final e a súa
nota da primeira edición de actas corresponderá ao cálculo feito a partir das
notas obtidas nas tres probas obrigatorias (exames parciais e traballo).

Avaliación continua

É obrigatorio realizar as tres probas de avaliación previstas (consonte ao
descrito máis arriba). De non ser así, non se realizará o cálculo final, a/o
estudante obterá un suspenso e deberá presentarse na segunda edición de actas ás probas non
realizadas. Se un/ha alumna/o, por causas de forza
maior debidamente xustificadas, non puidese realizar algún dos exames parciais,
deberá poñelo en coñecemento do profesorado, con anterioridade á data da súa realización.

O primeiro exame parcial terá lugar ao remate do primeiro bloque de contidos
(temas 1 e 2), e o segundo exame parcial realizarase na derradeira semana de
aulas, sobre o resto de contidos do temario. Ambas as dúas datas serán
anunciadas na aula. A cualificación obtida en cada exame parcial
computará polo 40% da cualificación final. O 20% restante corresponderá ao traballo
escrito.

Para superar a materia é preciso acadar unha nota global de 5 (cunha nota mínima de
5 en cada proba). No caso de que a cualificación do primeiro parcial sexa
inferior a 5, a/o estudante deberá repetir esa parte do temario mediante un
exame de recuperación que se celebrará na data do exame oficial. Cando a media de todas as partes da avaliación sexa superior a 5 pero algunha das partes teña unha nota inferior a 5, a cualificación da acta será de 4 (Suspenso).

Todas as probas se cualificarán tendo en conta non só a pertinencia e
calidade do contido das respostas senón tamén a súa correcta expresión
lingüística (oral e/ou escrita) e presentación formal. A existencia de erros
lingüísticos graves reiterados será motivo dunha penalización de 1 punto na
cualificación final do exame e de 2 puntos na do traballo. Igualmente, unha
deficiente presentación formal no exame (ausencia de marxes, mala caligrafía,
texto riscado etc) causará unha penalización do 10% na cualificación final da
proba.

Avaliación única

Constará dun exame único baseado nos contidos da materia e a súa nota
constituirá o 100% da cualificación final. Este exame terá lugar na data
oficial establecida no calendario de exames aprobado pola Xunta de Facultade. A
escolla desta opción en ningún caso supón a perda do dereito a asistir ás aulas
sempre que sexa posíbel, o cal se recomenda encarecidamente. O alumnado que
siga esta modalidade de avaliación será responsábel de manter un contacto
continuado coa materia a través de Moovi.

O exame cualificarase tendo en conta non só a pertinencia e
calidade do contido das respostas senón tamén a súa correcta expresión
lingüística (oral e/ou escrita) e presentación formal. A existencia de erros
lingüísticos graves reiterados será motivo dunha penalización de 1 punto na
cualificación final do exame e de 2 puntos na do traballo. Igualmente, unha
deficiente presentación formal no exame (ausencia de marxes, mala caligrafía,
texto riscado etc) causará unha penalización do 10% na cualificación final da
proba.

2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XUÑO-XULLO)

Na segunda edición de actas, o alumnado de avaliación continua deberá
repetir unicamente aquelas probas non superadas na primeira edición. O alumnado
de avaliación única será avaliado mediante un exame global baseado nos contidos
da materia, cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final. Este exame
terá lugar na data oficial de xuño ou xullo aprobada pola Xunta de Facultade.

Os criterios de cualificación da primeira edición de actas serán de aplicación tamén na segunda edición de actas.

OBSERVACIÓNS XERAIS

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame
suporá un suspenso directo da materia na súa totalidade. Alegar descoñecemento
do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade.

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais dispoñíbeis na
plataforma Moovi (novidades, documentos, cualificacións). Igualmente, é responsabilidade do alumnado estar ao tanto das datas de realización das diferentes probas de avaliación.

Recoméndase firmemente que o alumnado asista ás aulas e titorías con
regularidade e se implique activamente no seu proceso de aprendizaxe.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000