Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Primeiro idioma estranxeiro VII: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Durante as sesións "prácticas" das semanas 5-6 e 12-13, o alumnado fará presentacións orais na aula que serán avaliadas con respecto á destreza de "Speaking", onde a primeira proba computará coma o 5% da nota final e a segunda proba, coma o 15% da nota final. 20 A2
A3
A4
A5
B1
B5
C1
C2
C9
C12
Exame de preguntas obxectivas Durante as sesións "teóricas" das semanas 5 e 12, o alumnado realizará dúas probas da destreza "Listening", onde cada proba terá un peso na nota final de 10% (total na nota final: 20%).

Durante as sesións "teóricas" das semanas 6 e 13, o alumnado realizará dúas probas da destreza "Vocabulary", onde cada proba terá un peso na nota final de 10% (total na nota final: 20%).
40 A1
A2
A5
B10
C1
C8
C11
C12
Traballo Na metade e no final do cuadrimestre o alumnado realizará na aula dous traballos escritos que avaliarán a destreza de "Writing", onde cada proba terá un peso na nota final de 10% e 20%, respectivamente (porcentaxe total do "Writing" na nota final: 30%).

Ademais, o alumnado realizará unha proba de "Reading" nunha sesión de clase sen previo anuncio, cuxa no ta computará coma o 10% da nota final.
40 A3
A4
A5
B9
B10
C2
C9
C11
C12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

a) Primeira edición de
actas:



a.1) Avaliación continua:

O dominio das competencias
lingüísticas e comunicativas a nivel C2 será avaliado por medio de probas para
cada unha das destrezas especificadas no programa.

As probas orais, en forma de presentacións,
terán lugar na metade e no final do cuadrimestre,
en datas concretadas pola docente coordinadora da materia con suficiente antelación.

As probas de escoita terán
lugar durante sesións teóricas na metade e final do cuadrimestre.

As probas de Writing
consistirán en dous escritos realizados na clase cara á metade e ao final do cuadrimestre, en datas concreatdas pola docente coordinadora da materia.

As proba de contido de
Vocabulary terán lugar en sesións sesións teóricas cara á metade e ao final do cuadrimestre, en datas concreatdas pola docente coordinadora da materia.

O alumnado realizará unha proba de "Reading" nunha sesión de
clase sen previo anuncio, cuxa no ta computará coma o 10% da nota final.

Os contidos gramaticais non serán avaliados con pribas específicas, senón que se terán en conta nas probas de "Speaking" e "Writing".

Se alguén realiza só unha
proba parcial, a súa nota corresponderase coa nota ponderada obtida nesa proba.
En ningún caso se realizarán probas parciais en datas diferentes ás anunciadas
pola docente coordinadora da materia. Para aprobar a materia, o alumnado deberá aprobar cada unha
das partes que se avalían cunha nota mínima de 5
. O suspenso nunha destas
partes implica un suspenso na materia.

De suspender algunha(s)
das partes de que consta a materia, o alumnado examinarase no mes de
xullo da(s) parte(s) suspensa(s) (para máis detalles, véxase apdo. b). De
non aprobar en xullo, o alumnado deberá examinarse de todas as destrezas no
seguinte curso académico (non se gardarán notas parciais das distintas
destrezas dun curso para outro)
.

A realización dunha ou
varias das probas parciais
implica a aceptación do sistema de avaliación continua por parte do
alumnado. O alumnado avaliado mediante o sistema de avaliación continua non
poderá presentarse ao exame final e a súa nota da primeira edición de actas
corresponderá ao cómputo das notas obtidas na(s) proba(s) realizada(s) durante
o curso.

a.2) Avaliación única:

O alumnado que non realice
ningún exame parcial
poderá presentarse a un exame único (100% da cualificación
final), que terá lugar na data oficial establecida no calendario de exames da
Facultade de Filoloxía e Tradución. Ese exame terá asignadas as porcentaxes que
seguen: 

1) Vocabulary -- 20% da
cualificación final

2) Writing -- 30% da
cualificación final

3) Speaking -- 20% da
cualificación final

4) Listening -- 20% da
cualificación final

5) Reading -- 10% da
cualificación final

Para aprobar a materia, o
alumnado que se presente ao exame único deberá aprobar cada unha das destrezas
que se avalían cun mínimo de 5. O suspenso nunha destas partes implica un
suspenso na materia. De suspender algunha(s) das partes das que consta o exame
único, o alumnado examinarase no mes de xullo da(s) parte(s) suspensa(s) (para
máis detalles, véxase apdo. b). De non aprobar en xullo, o alumnado deberá
examinarse de todas as destrezas no seguinte curso académico (non se gardarán
notas parciais das distintas destrezas dun curso para outro). Como se indicou
anteriormente, o alumnado que teña obtido algunha nota polo sistema de
avaliación continua non poderá realizar o exame único.

 

b) Segunda edición de actas
(xullo):

O alumnado que suspenda a
avaliación continua ou, de ser o caso, o exame final, será avaliado mediante o
exame único que o centro fixe oficialmente para o mes de xullo. Ese exame terá
asignadas as porcentaxes que seguen:

1) Vocabulary -- 20% da
cualificación final

2) Writing -- 30% da
cualificación final

3) Speaking -- 20% da
cualificación final

4) Listening -- 20% da
cualificación final

5) Reading -- 10% da
cualificación final

Tal e como se explicou no
apdo. a), a este exame poderá presentarse o alumnado que teña suspensa algunha(s) das partes da materia. O alumnado deberá examinarse só da(s) parte(s) que ten
suspensa(s) e gardaránselle as notas parciais das outras partes obtidas ben ao
longo do curso, ben no exame único (ditas notas só se gardarán ata a
convocatoria de xullo, en

ningún caso durante máis tempo).

Para aprobar a materia, o
alumnado que se presente ao exame único deberá aprobar cada unha das destrezas
que se avalían cun mínimo de 5. O suspenso nunha destas partes implica un
suspenso na materia.

 

c) Observacións finais:

Para aterse á avaliación continua será necesario aistir á clase, pois haberá porbas que se realizarán sen previo aviso (nomeadamente, a proba de "Reading"). O equipo docnete non terá a obriga de comunicar datas de probas mediante MooVi nin correo e-.

Durante a realización dos
exames presenciais non se permitirá a utilización de dicionarios, ordenador,
teléfono móbil, nin a conexión a internet. No caso de avaliación non presencial
non se permitirá o uso de dicionarios e só se poderá usar internet para acceder
á plataforma na que se faga o exame. 

A reprodución total ou parcial de contidos
cuxa autoría non sexa do alumnado sen que este cite as fontes dos devanditos contidos
constituirá plaxio; o plaxio considérase falta moi grave, e conducirá ao
suspenso na parte ou partes en que se teña

incorrido nesta falta.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000