Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Segundo idioma estranxeiro IV: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Proba final de expresión escrita (20 %) e de comprensión escrita (10 %). 30 A1
A2
A3
A4
A5
B10
Traballo tutelado Traballo autónomo a partir dunha lectura proposta polas profesoras seguindo unha guía de exercicios. 25 A1
A4
B1
B3
B6
B8
B10
Presentación Presentación oral, individual ou en grupo (dous máximo),a partir dun tema en relación cos contidos da materia. 20 A3
A4
B1
B5
B8
B10
Práctica de laboratorio Exercicios de comprensión oral. 25 A2
A3
A4
B10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Primeira edición de actas (xaneiro-maio)

O alumnado será avaliado mediante o sistema de avaliación continua indicado
arriba.

Para aprobar a materia será necesario entregar os traballos nos prazos
requiridos que se indicarán ao comezo do curso. Para facer media entre os
traballos e o exame, será tamén necesario ter un mínimo de 5 en cada parte. As
probas non entregadas contarán como un cero. En caso de plaxio, a nota é de
suspenso. En caso de suspender unha parte soamente, guardarase a nota para a
segunda edición de actas.

O alumnado que, por motivos xustificados, non poida realizar a avaliación
continua deberá falar coas profesoras da materia ao comezo do curso. Nese caso,
terá que examinarse do 100 % da materia polo
sistema de avaliación única, segundo
as seguintes porcentaxes: exercicio de comprensión escrita a partir da
lectura proposta (25 %), exercicio de comprensión oral (25 %), exercicio de
expresión escrita (25 %) e exercicio de expresión oral (25 %). O alumnado que
se acolla a este sistema ten que ler obrigatoriamente o libro proposto polas
profesoras antes da data do exame. Tamén será necesario obter polo menos 5
en cada unha das partes. Este exame final terá lugar dentro do período oficial
de exames na data do calendario aprobada pola xunta de facultade.

Segunda edición de actas (xuño-xullo)

Na segunda edición de actas, o alumnado examinarase exclusivamente das
partes da materia que non superase na primeira edición. Será necesario obter polo
menos 5 en cada unha das partes. Este exame terá lugar durante o período de exames
de xuño-xullo na data do calendario aprobada pola xunta de facultade.

NOTAS XERAIS

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame
suporá un 0 nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non
eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Recoméndase o traballo continuado e a consulta frecuente dos medios de
comunicación francófonos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000