Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Primeiro idioma estranxeiro VI: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación As competencias orais serán avaliadas por medio dunha proba que terá lugar no período oficial de exames. 25 A4
A5
B1
B6
B7
B8
B9
C1
C5
C11
Traballo As competencias escritas serán avaliadas continuamente por medio de tres composicións escritas asignadas polo profesor ó longo do curso e que serán entregadas progresivamente ó remate das unidades principais do temario. 25 A3
B1
B6
B7
B8
B9
C1
C5
C6
C7
Resolución de problemas e/ou exercicios As competencias gramaticais, de vocabulario, de escoita e de lectura serán avaliadas mediante unha proba final no período de exames na data oficial aprobada pola Xunta de Centro. O valor total final de cada destreza é como segue:
gramática e uso (15%), lectura e vocabulario (20%), escoita (15%)
50 A3
B1
B6
B7
B8
B9
C1
C5
C7
C8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A) PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS:

O alumnado poderá acollerse á avaliación continua (A.1) ou á avaliación única (A.2).

A.1) Avaliación continua

Recoméndase a avaliación continua e o traballo diario na materia, xa que o estudo constante e progresivo é o sistema máis axeitado para a aprendizaxe dun idioma. 

Para acollerse ao sistema de avaliación continua, recoméndase ao alumnado asistir e participar con regularidade ás sesións presenciais, tanto teóricas como prácticas así como realizar as tarefas e exercicios que se lle requiran. No momento en que o alumnado entregue o primeiro traballo escrito contará como que decide seguir a avaliación continua. 

Para superar a avaliación continua será necesario: 
  • 1) Aprobar cada unha das destrezas comunicativas (proba oral: 25%, traballos escritos: 25%, lectura e vocabulario: 20%, escoita: 15%, e gramática e uso: 15%). Terase que acadar unha porcentaxe mínima de puntuación (5/10) en todas as probas específicas para calcular as porcentaxes da nota final e unha nota final mínima de 5. De non cumprirse este requisito, aínda que a media aritmética de todos os compoñentes sexa 5 ou superior, a/o
    alumna/o non superará a materia e deberá presentarse ao exame de recuperación das partes non superadas. Cando a
    media das partes sexa superior a 5 pero algunha das partes teña unha nota inferior a 5, a cualificación da acta será de 4
    (Suspenso).
    No caso de acadar un suspenso na nota global na primeira edición de actas, se a/o estudante aproba un ou máis
    compoñentes, gardaráselle a nota dese(s) compoñente(s), polo que so terá que recuperar as partes suspensas na segunda
    edición de actas (xuño/xullo).
  • As probas e os traballos que a/o estudante non realice ou non entregue contarán como un 0. Na segunda edición de actas (ver sección B máis abaixo) o alumnado só terá que presentarse ás destrezas suspensas. 
  • 2) Realizar unha proba oral (25%) que terá lugar no período oficial de exames. A data será acordada co alumnado con antelación. 
  • 3) Realizar 3 traballos escritos (25%) que serán entregados progresivamente ó remate das unidades principais do temario e realizados na aula 
  • 4) Realizar unha proba escrita para avaliar as competencias de lectura e vocabulario (20%), escoita (15%) e gramática e uso (15%) que terá lugar na data oficial aprobada pola Xunta de Centro.

A.2) Avaliación única

O alumnado que non realice ningunha das probas parciais poderá presentarse á avaliación única, que consistirá nunha única proba global final que computará o 100% da cualificación final e que terá lugar na data oficial aprobada pola Xunta de Centro. A proba única constará das seguintes partes: proba oral (25%), traballo escrito (25%), lectura e vocabulario (20%), escoita (15%) e gramática e uso (15%). A hora da proba oral será acordada co alumnado con antelación. 

Para superar dita proba global o alumnado ten que aprobar todas as partes cunha porcentaxe mínima de puntuación (5/10) e unha nota final mínima de 5. Conservaranse as partes aprobadas para a segunda edición de actas.
  

B) SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (xullo):

O alumnado que se presentase á primeira edición de actas e que teña suspensa alguna das destrezas, soamente ten que recuperar a(s)destreza(s) suspensa(s). A porcentaxe das probas será a mesma que na primeira edición de actas. 

O alumnado que suspenda todas as destrezas e o alumnado que non se presente á primeira edición das actas será avaliado na segunda edición en xullo mediante unha proba única que terá as mesmas características que a proba do sistema de avaliación única da primeira edición das actas. Esta proba e computará o 100% da cualificación final. A proba única constará das seguintes partes: proba oral (25%), traballo escrito (25%), lectura e vocabulario (20%), escoita (15%) e gramática e uso (15%). A hora da proba oral será acordada co alumnado con antelación. 

O exame da segunda edición de actas, en calquera modalidade, terá lugar na data oficial aprobada pola Xunta de Centro. 

Para superar a segunda edición de actas, en calquera modalidade, o alumnado ten que aprobar todas as partes cunha porcentaxe mínima de puntuación (5/10) e unha nota final mínima de 5. No caso de non aprobar nesta segunda edición de actas o alumnado terá que avaliarse de tódalas destrezas no próximo curso. 

Durante a realización dos exames non se permite a utilización de dicionarios, ordenador, tableta ou conexión a internet ou outros medios electrónicos. 

O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo suporá un suspenso automático na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumno ou alumna da súa responsabilidade.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000