Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Introdución á literatura do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Recomendacións


 
Outros comentarios
- A asistencia activa ás sesións presenciais constitúe un elemento clave na adquisición de competencias por parte do alumnado, polo que se recomenda a presenza e participación activa na aula. - Para superar a materia é necesario o traballo constante do alumnado, tanto nas sesións presenciais como nas horas de traballo persoal fóra da aula. Xa que logo, recoméndase firmemente o estudo diario da materia, así como a lectura atenta de todos os materiais literarios e teórico-críticos proporcionados ao longo do desenvolvemento das aulas. - Recoméndase igualmente facer uso dos recursos da Biblioteca, tanto electrónicos coma en papel. - O alumnado deberá ter acceso a Moovi e consultar o espazo web da materia con regularidade, xa que éste será o medio principal de comunicación e de entrega de materiais de lectura por parte da profesora. - É responsabilidade do alumnado estar ao tanto das datas das probas de avaliación. - A avaliación de cada proba terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a corrección lingüística e a presentación formal. - A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un suspenso directo da materia na súa totalidade. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade. - Non se permite o uso de ningún dispositivo electrónico (tabletas, portátiles e teléfonos móbiles) durante as aulas. - O alumnado deberá observar unhas normas básicas de decoro durante as aulas: chegar con puntualidade e non abandonar a aula até o remate da clase, manter unha postura axeitada e non comer durante o desenvolvemento da clase. INFORMATION OF INTEREST FOR EXCHANGE STUDENTS: - Students from areas not related to English Studies will not be admitted to the course. - The minimum English level required to enter this course is B2. - The Galician language will be employed for the discussion of texts in the practical classes. - The use of electronic devices (tablets, laptops and mobile phones) is strictly forbidden during the classes. - Students are expected to observe some basic classroom decorum, which includes arriving on time, not leaving the classroom until the end of the class, keeping an appropriate posture, and not eating during the class. - Students must be aware that no alternative date to the official resit exam dates will be provided, so it is their responsibility to remain in Vigo until the official exam date in June/July.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000