Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Introdución á literatura do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame parcial na semana 7 de aulas sobre os contidos vistos até ese momento. Na avaliación desta proba terase en conta tanto o contido das respostas coma a súa correcta expresión lingüística e presentación formal. 40 A1
B6
B8
C2
C3
C6
C8
C11
D1
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame parcial sobre o resto de contidos do temario. Realizarase na derradeira semana de aulas. Na avaliación desta proba terase en conta tanto o contido das respostas coma a súa correcta expresión lingüística e presentación formal. 40 A1
B6
B8
C2
C3
C6
C8
C11
D1
Traballo Un traballo individual escrito sobre un texto proposto pola profesora. As especificidades do traballo (contido, extensión, data de entrega...) serán explicadas na aula ao comezo do cuadrimestre. 20 A1
B1
B6
C2
C3
C5
C6
C7
C8
C9
C11
C12
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

Na primeira edición de actas a avaliación por defecto será continua (segundo o especificado arriba). Excepcionalmente, o alumnado que, por motivos xustificados, non poida seguir a avaliación continua poderá optar polo sistema de avaliación única detallado embaixo. Este alumnado deberá comunicarlle a situación á profesora durante as dúas primeiras semanas de aulas.

A realización da primeira proba parcial implica a aceptación do sistema
de avaliación continua por parte do alumnado. O alumnado avaliado
mediante o sistema de avaliación continua non poderá presentarse ao exame final
e a súa nota da primeira edición de actas corresponderá ao cálculo feito a partir das notas obtidas nas tres probas obrigatorias (exames parciais e traballo escrito).

Avaliación continua

É obrigatorio realizar as tres probas de avaliación previstas (consonte ao descrito máis arriba). De non ser así, non se realizará o cálculo final, a/o estudante obterá un suspenso e deberá presentarse ás probas non realizadas na segunda edición de actas. Se un/ha alumna/o, por causas de forza maior
debidamente xustificadas, non puidese realizar algún dos exames parciais,
deberá poñelo en coñecemento da profesora, con anterioridade á data da súa realización.

O primeiro exame parcial terá lugar na semana 7 de aulas, sobre os
contidos vistos até ese momento, e o segundo exame parcial realizarase na
derradeira semana de aulas, sobre o resto de contidos do temario. Ambas as dúas
datas serán anunciadas na aula. A cualificación obtida en cada exame
parcial computará polo 40% da cualificación final. O 20% restante corresponderá ao traballo escrito.

Para superar a materia é
preciso acadar unha nota global de 5 (cunha nota mínima de 5 en cada proba). No caso de que a cualificación do primeiro parcial sexa inferior a 5, a/o estudante deberá repetir esa parte do temario mediante un exame de recuperación que
se celebrará na data do exame oficial. Cando a media de todas as partes da avaliación sexa superior a 5 pero
algunha das partes teña unha nota inferior a 5, a cualificación da acta será de
4 (Suspenso).

Todas as probas se cualificarán tendo en
conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a
súa correcta expresión lingüística (oral e/ou escrita) e presentación formal. A
existencia de erros lingüísticos graves reiterados será motivo dunha penalización de 1 punto na cualificación final dos exames parciais e de 2 puntos na do traballo escrito. Igualmente, unha deficiente presentación
formal no exame (ausencia de marxes, mala caligrafía, texto riscado etc) causará unha
penalización do 10% na cualificación final da proba.

Avaliación única

Constará dun exame único baseado na totalidade dos contidos da materia e a súa nota
constituirá o 100% da cualificación final. Este exame terá lugar na data
oficial establecida no calendario de exames aprobado pola Xunta de Facultade. A
escolla desta opción en ningún caso supón a perda do dereito a asistir ás aulas
sempre que sexa posíbel, o cal se recomenda encarecidamente. O alumnado que
siga esta modalidade de avaliación será responsábel de manter un contacto continuado
coa materia a través de Moovi.

O exame cualificarase tendo en
conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón
tamén a
súa correcta expresión lingüística (oral e/ou escrita) e presentación
formal. A
existencia de erros lingüísticos graves reiterados será motivo dunha
penalización de 1 punto na cualificación final do exame. Igualmente, unha deficiente presentación
formal (ausencia de marxes, mala caligrafía, texto riscado etc)
causará unha
penalización do 10% na cualificación final.

2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XUÑO-XULLO)

Na segunda edición de actas, o alumnado de avaliación continua deberá
repetir unicamente aquelas probas non superadas na primeira edición. O alumnado
de avaliación única será avaliado mediante un exame global baseado nos contidos
da materia, cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final. Este exame
terá lugar na data oficial de xuño ou xullo aprobada pola Xunta de Facultade.

Os criterios de cualificación da primeira edición de actas serán de aplicación tamén na segunda edición de actas.

OBSERVACIÓNS XERAIS

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame
suporá un suspenso directo da materia na súa totalidade. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non
eximirá o alumnado da súa responsabilidade.

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais dispoñíbeis na
plataforma Moovi (novidades, documentos, cualificacións). Igualmente, é responsabilidade do alumnado estar ao tanto das datas de realización das diferentes probas de avaliación.

Recoméndase firmemente que o alumnado asista ás aulas e titorías con
regularidade e se implique activamente no seu proceso de aprendizaxe.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000