Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Primeiro idioma estranxeiro V: inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas escritas para avaliar os compoñentes Use of English (20%) e Reading (20%). 40 A1
A2
A3
A5
B1
B8
C1
C7
C8
C11
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas orais e escritas para avaliar os compoñentes Writing (20%), Listening (20%), Speaking (20%). 60 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B6
B7
B8
B9
C1
C7
C9
C11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1ª EDICIÓN DE ACTAS

Existen dous sistemas de avaliación (continua e única) para superar a materia nesta primeira oportunidade e participar nun deles implica a imposibilidade de participar no outro. E dicir, unha vez que o alumnado se presenta a unha proba de avaliación continua xa non pode optar á avaliación única.

Avaliación continua:

Na primeira edición de actas, o progreso do alumnado será avaliado a través dunha serie de exames que avaliarán o uso da gramática e vocabulario, a comprensión e expresión oral, a comprensión lectora e a expresión escrita. As datas dos exames parciais serán anunciadas na aula e é responsabilidade do alumnado estar ao tanto das datas en que teñen lugar as probas de avaliación. As probas de expresión oral acordaranse co profesorado coa debida antelación.

As probas non realizadas contarán coma un cero. Para facer media entre os cinco exames, a nota de cada compoñente debe de superar unha cualificación de 5 sobre 10. Para superar a materia, terase que acadar unha puntuación global de 5 puntos. As probas non realizadas contarán coma un cero. De non cumprirse este requisito, aínda que a media aritmética de todos os compoñentes sexa 5 ou superior, a/o alumna/o non superará a materia e deberá presentarse ao exame de recuperación das partes non superadas. Cando a media das partes sexa superior a 5 pero algunha das partes teña unha nota inferior a 5, a cualificación da acta será de 4 (Suspenso).

No caso de acadar un suspenso na nota global na primeira edición de actas, se a/o estudante aproba un ou máis compoñentes, gardaráselle a nota dese(s) compoñente(s), polo que so terá que recuperar as partes suspensas na segunda edición de actas (xuño/xullo).

Se un/ha estudante, por causas de forza maior debidamente xustificadas, non puidese realizar algunha proba, deberá poñelo en coñecemento do profesorado con anterioridade á data de realización da proba.

A asistencia ás aulas é altamente recomendable e aconsellable.

Avaliación única

Para o alumnado que opte polo sistema de avaliación única, a nota deste exame constituirá o 100% da cualificación final. A proba terá cinco compoñentes (Use of English, Reading, Speaking, Listening, Writing) cun peso de 20% cada un. Para superar a materia, o alumnado debe acadar unha puntuación mínima de 5 puntos para cada compoñente. De non cumprirse este requisito, aínda que a media aritmética de todas as partes sexa 5 ou superior, a/o alumna/o non superará a materia e deberá presentarse ao exame de recuperación das partes non superadas. Cando a media das partes sexa superior a 5 pero algunha das partes teña unha nota inferior a 5, a cualificación da acta será de 4 (Suspenso).

A data deste exame único será a establecida pola Xunta da FFT para o período de exames.

2ª EDICIÓN DE ACTAS

O alumnado que non se presente ou suspenda ao final do cuadrimestre (primeira edición de actas) poderá presentarse aos exames de xuño/xullo nas datas que marque o calendario oficial do centro.

Para as/os estudantes que non se presentaran antes (1ª edición), a proba terá cinco compoñentes (Use of English, Reading, Speaking, Listening, Writing) cun peso de 20% cada un. Para superar a materia, o alumnado debe acadar unha puntuación mínima de 5 puntos para cada compoñente. De non cumprirse este requisito, aínda que a media aritmética de todas as partes sexa 5 ou superior, a/o alumna/o non superará a materia. Cando a media das partes sexa superior a 5 pero algunha das partes teña unha nota inferior a 5, a cualificación da acta será de 4 (Suspenso).

Aquelas/es estudantes que se presentaran na primeira edición de actas pero foran cualificadas/os con Suspenso poderán facer unicamente os compoñentes nos que non acadaran un 5, conservándoselle as notas dos compoñentes aprobados (nesta convocatoria soamente).

OUTROS COMENTARIOS

Durante a realización dos exames non se permite a utilización de dicionarios, ordenadores ou de calquera outro aparello electrónico, con ou sen conexión a Internet.

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de actividade suporá un suspenso da materia na súa totalidade. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000