Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Lingua: Comunicación escrita e oral en español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Exame: exercicios, actividades ou problemas.

20 A4
Presentación Presentación oral dun traballo individual cuxo tema se acordará previamente coa docente 30 A4
Traballo tutelado Presentación dun ou varios (non máis de tres) traballos escritos relacionados coa materia. 30 A1
A4
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame: pregunta(s) aberta(s) sobre un tema do programa 10 A1
B4
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame: preguntas breves sobre aspectos concretos do programa 10 A1
B4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

Avaliación continua

Non se esixe asistencia a clase para acollerse ao sistema de avaliación continua; con todo, a materia é presencial: é responsabilidade do
alumnado, asista ou non a clase, manterse ao tanto da materia (e das
novidades ou axustes que se poidan producir ao longo do curso) a través do
contacto coa docente e da plataforma MOOVI.

A avaliación estrutúrase en tres partes:
1. Traballo(s) escrito(s) (30%)
2. Presentación oral (30%)
3. Exame (40%). Neste exame, que terá lugar na data prevista no
calendario oficial da Facultade, concéntranse as partes da avaliación definidas como "exame: preguntas abertas", "exame: preguntas
breves" e "exame: exercicios, actividades e problemas".
A información sobre as datas de entrega dos traballos e a
presentación oral, así como as instrucións para abordalos, estará dispoñible en MOOVI.

Avaliación única

O
alumnado que opte pola avaliación única deberá superar as tres partes da
avaliación (traballo/s escrito/s, presentación oral e exame) na data
oficial de exame sinalada pola Facultade.

O
alumnado que opte por este sistema deberá comunicalo por escrito (correo
electrónico) ás docentes antes do 1 de outubro. De non comunicar nada, enténdese que se opta por avaliación continua. 

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS

Quen non alcancen o aprobado na primeira oportunidade poderán
presentarse en xuño ou xullo, na data oficial correspondente. Ademais de
facer o exame (que nesta ocasión valerá o 70% da nota) terán que realizar unha presentación oral (nas datas e condicións que se acordarán co profesorado). Nesta segunda oportunidade será necesario
presentarse unicamente á parte ou partes nas que non se alcanzou o
aprobado previamente (parte oral e/ou parte escrita).

IMPORTANTE

Para aprobar a materia é requisito indispensable obter unha cualificación de polo menos 5 puntos (sobre 10) en cada unha das partes. De non cumprirse este requisito, aínda que a
suma das partes alcance ou supere o 5 (sobre 10), a alumna ou alumno non superará a materia.

Nas probas de avaliación non só se terá en conta a adecuación e
calidade dos contidos, senón tamén a corrección lingüística e o rigor académico. Penalizaranse os erros de expresión (ortografía, puntuación, incoherencias sintácticas, uso inapropiado do léxico, etc.). No caso de que se detecte copia ou plaxio nalgunha proba, esta cualificarase cun
cero.
   

O alumnado erasmus interesado en cursar a materia deberá ter presente
que resulta altamente recomendable ter un nivel de lingua española igual ou
superior a C1.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000