Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Literatura e sociedade do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Competencias de materia
Resultados previstos na materia Tipoloxía Resultados de Formación e Aprendizaxe
Coñecer as principais achegas teóricas sobre os vínculos existentes entre literatura e sociedade, como se representa unha sociedade no universo do literario en canto a concepto, terminoloxía, tipoloxía, aspectos históricos, características principais, metodoloxía(s) de interpretación e calquera outra cuestión especificada no programa correspondente.
saber
A2
A3
A5
B3
Comprender, analizar e comparar textos (literarios, históricos, culturais, políticos, visuais) representativos de tal relación e reflexionar sobre a interacción co contexto histórico, social e cultural en que se inscribe a súa produción e recepción.
saber
saber facer
A5
A7
A11
B3
Formular razoamentos críticos derivados da análise dos textos inseridos nun contexto social que conduzan á adquisición dun método básico de análise socioliteraria que transcenda a mera aproximación intuitiva aos textos obxecto de estudo.
saber facer
A8
A9
B3
Localizar, seleccionar, organizar e avaliar información relevante relacionada co concepto social elixido e cos textos a analizar máis profundamente, recorrendo a fontes bibliográficas ou recursos electrónicos.
saber facer
A4
A6
B3
B5
Relacionar textos literarios e outras expresións culturais e artísticas, como pode ser o cine, a música ou a arte coa realidade sociocultural na que se producen.
saber facer
A11
B3
Reflexionar e valorar a idea que o alumnado ten sobre outras sociedades e culturas diferentes da occidental e sensibilizalo na apreciación de tal diversidade sociolóxica.
saber
Saber estar / ser
A11
B3
B4
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000