Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Literatura e sociedade do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Competencias
Código Descrición Tipoloxía
CB3 Que as/os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
  • saber facer
CB4 Que as/os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
  • saber facer
CB5 Que as/os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
  • saber facer
CE2 Identificar as principais contribucións teóricas nos distintos ámbitos xeográficos, sociais e culturais da literatura do primeiro idioma estranxeiro, desde unha perspectiva que teña en consideración os valores democráticos, de igualdade social, de xénero, raza e orientación sexual, así como dunha cultura para a paz.
  • saber
  • Saber estar / ser
CE3 Adquirir os fundamentos teóricos e aplicados que ofrece a lingüística nos principais paradigmas do estudo e descrición das linguas, así como sintetizar, relacionar e describir as literaturas da primeira lingua estranxeira provenientes de distintos ámbitos culturais e sociais, períodos, xéneros e movementos.
  • saber
CE4 Adquirir as ferramentas e técnicas metodolóxicas básicas para o estudo e a análise lingüística e literaria.
  • saber facer
CE5 Adquirir os coñecementos necesarios para a comprensión, desenvolvemento, análise, avaliación e aproveitamento para o futuro profesional dos recursos lingüísticos e literarios.
  • saber
CE6 Construír argumentos sólidos sobre os temas e textos a estudar, seguindo as convencións académicas, empregando evidencias suficientes que corroboren os razoamentos expostos, facendo uso dos recursos bibliográficos e electrónicos dispoñibles, especialmente os orientados á investigación lingüística e literaria e á docencia das linguas impartidas no grao.
  • saber facer
CE7 Participar en debates e actividades en grupo, desenvolvendo un pensamento autónomo e crítico, realizando contrastes críticos e respectuosos, e mostrando actitudes de tolerancia cara á diversidade social e cultural dos países das diversas linguas estranxeiras, de defensa de dereitos fundamentais, de principios de igualdade e de valores democráticos.
  • saber facer
CE8 Formular razoamentos críticos a respecto dos campos de estudo lingüístico e literario que conduzan á adquisición dun método sólido de análise lingüística e literaria para alén da mera aproximación subxectiva e intuitiva ás linguas e textos obxecto de estudo.
  • saber facer
CE9 Planificar, estruturar e desenvolver ensaios escritos e presentacións orais nas diversas linguas estranxeiras, formulando hipóteses, utilizando unha metodoloxía apropiada para transmitir ideas de xeito eficaz e válido, seguindo as convencións académicas e empregando evidencias suficientes que corroboren os razoamentos expostos.
  • saber facer
CE11 Visibilizar e valorar as contribucións feitas polas mulleres á literatura e á cultura producida no primeiro idioma estranxeiro nos seus diferentes ámbitos xeográficos e culturais. De igual modo, identificar os mecanismos de exclusión e discriminación das mulleres na linguaxe e adquirir formación no uso de linguaxe inclusiva.
  • saber
  • Saber estar / ser
CT3 Que as/os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitiren xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
  • saber facer
CT4 Que as/os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
  • saber facer
CT5 Que as/os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
  • saber facer
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000