Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Literatura e sociedade do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a presentar a materia e organizar a dinámica da docencia e actividades co alumnado na primeira semana de clases.
Sesión maxistral Exposición dos contidos teóricos da materia por parte da profesora.
Traballos de aula Discusión oral dos textos literarios e/ou fílmicos por parte do alumnado baixo a supervisión da profesora. O alumnado deberá aplicar ao comentario crítico os contidos teóricos expostos nas sesións maxistrais e mais nos seminarios así como os coñecementos que vai adquirindo nas lecturas previas.
Titoría en grupo As titorías grupais son de carácter obrigatorio, terán lugar en horario de clase (nas sesións que se indiquen) e estarán dedicadas, entre outras actividades, á organización das tarefas de aprendizaxe, distribución de traballos, revisión de conceptos, resolución de dúbidas, explicación de cuestións de carácter metodolóxico e á supervisión da elaboración dos traballos.
Presentacións/exposicións Presentación oral por parte do alumnado de traballos elaborados grupalmente sobre aspectos recollidos no programa que se determinarán previamente baixo a supervisión da profesora.
Seminarios Actividades de formación dirixidas pola profesora que inciden máis pormenorizadamente nalgún
aspecto concreto das unidades temáticas ou as complementan.
Estudos/actividades previos O alumnado deberá ler os textos obrigatorios, tanto teóricos/críticos coma os diversos textos literarios, con antelación ás clases nos que se comentarán. O calendario de comentario dos textos obrigatorios estará publicado en faitic antes do comezo das clases. O alumnado debe consultar este calendario e ter realizada a lectura do material.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000