Traballos tutelados |
Traballo escrito de extensión media (8-10 pp) sobre calquera texto ou tema do período analizado. Será entregado ó profesor o día no que teña lugar a proba presencial descrita no apartado anterior. O estudante é libre de seleccionar a aproximación e o tema. A pesar de que se lles dará orientación, aconsellamos ós estudantes falar co profesor para recibir atención persoal. |
40 |
O proceso de avaliación arriba descrito será válido para todo o alumnado, que terá que asistir, como mínimo, a un 80% das sesións das que se compón o curso, tanto de tipo teórico como de tipo práctico. Se algunha alumna ou alumno non pode cumprir con este requisito (80% da asistencia), deberá comunicarllo ó profesor argumentadamente ó comezo do cuadrimestre, antes do remate da terceira semana lectiva. O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo suporá un suspenso automático na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumno ou alumna da súa responsabilidade. O alumnado que
escolla avaliación única será avaliado coa proba presencial final (60%) e co traballo tutelado (40%). Este
alumnado non ten ningunha obriga presencial, aínda que polo carácter eminentemente práctico da materia recoméndase a asistencia ás aulas o máis posible. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)O alumnado que non asista ao mínimo de sesións presenciais ou suspenda a avaliación continua será avaliado mediante un única proba final no mes de xullo semellante a proba do final do cuadrimestre. Neste caso a proba final computará coma o 100%. |