Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Discurso oral do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Realización fóra da aula de traballos individuais ou en parellas supervisados e presentación oral dos mesmos na aula. 40
Resolución de problemas e/ou exercicios Dúas probas parciais, que puntuarán un 30% cada unha, sobre os contidos teóricos e prácticos da materia, incluíndo as lecturas obrigatorias. 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

(A) PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

a) Avaliación continua

Para a avaliación continua computarán os
seguintes parámetros obrigatorios (entre parénteses figuran as porcentaxes
equivalentes da cualificación final):

(1) Dúas probas parciais (60%), que puntuarán
un 30% cada unha, sobre os contidos teóricos e prácticos da materia, incluíndo
as lecturas obrigatorias. A primeira abarcará os 3 primeiros temas e terá lugar
na sesión teórica da semana inmediatamente posterior á finalización do tema 3;
a segunda proba terá lugar na sesión teórica da derradeira semana do período
lectivo e abarcará os restantes temas. As datas das probas serán recordadas a
través da plataforma Tema e na aula coa debida antelación.

(2) Un traballo escrito coa súa
correspondente presentación oral (40%). Poderá ser un traballo individual ou en
parellas, segundo anuncie a profesora.

b) Avaliación única

O alumnado que non realice as probas parciais e mailo traballo escrito será avaliado en base a un único exame final que
computará coma o 100% da cualificación
. O exame abarcará todos os contidos
explicados ao longo do primeiro cuadrimestre, incluíndo as lecturas
obrigatorias. A celebración do exame único terá lugar na sesión teórica da
derradeira semana do período lectivo. A data e hora serán recordadas a través
da plataforma Tema coa debida antelación.

(B) SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)

O alumnado que non supere a avaliación na primeira edición de actas deberá presentarse á
segunda edición de actas de xullo, na que será avaliado en base a un único
exame final.
O devandito exame abarcará todos os contidos do programa, incluíndo as lecturas obrigatorias, e computará
como o 100% da cualificación.
O exame terá lugar na data oficial publicada polo decanato da FFT.

N.B.: En caso de calquera tipo de plaxio a
cualificación final será de suspenso.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000