Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Discurso oral do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte da profesora dos contidos teóricos da materia seguindo o temario.
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de exercicios prácticos dos sistemas entonativos e de análise do discurso oral e/ou actividades autónomas ou en pequenos grupos dirixidas baseados nos contidos teóricos da materia explicados previamente. Son complemento da lección maxistral.
Prácticas de laboratorio Prácticas do nivel entoativo do discurso oral tanto a nivel de discriminación auditiva coma de produción oral.
Titoría en grupo Orientación xeral para a resolución de actividades/problemas/exercicios e a realización de traballos individuais ou en parellas, revisión de conceptos, resolución de dúbidas, explicación de cuestións de carácter metodolóxico etc, é dicir, asesoramento sobre as actividades e contidos da materia e do proceso de aprendizaxe.
Traballos tutelados Realización de traballos individuais ou en parellas supervisados e presentación oral dos mesmos na aula.
Prácticas autónomas a través de TIC Desenvolvemento de forma autónoma a través das TIC de exercicios/problemas ou outras actividades de aplicación da teoría ao nivel práctico.
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto co alumnado, así como a presentar a materia (obxectivos, contidos e sistema de avaliación).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000