Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Discurso oral do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución e entrega de actividades/exercicios/problemas que a profesora solicite realizar dentro ou fóra da aula, con ou sen previo aviso, así como grao de desenvolvemento das actividades autónomas nas TIC. 15
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Dúas probas sobre os contidos teórico-prácticos vistos ao longo do curso. 50
Observación sistemática Recompilación por parte da profesora de datos sobre a participación e implicación do alumnado nas sesións presenciais: atención, comentarios e preguntas ao fío das explicacións e realización de actividades encomendadas. 10
Traballos e proxectos Realización fóra da aula dun traballo individual ou en parella supervisado e presentación oral do mesmo na aula. 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

(A) PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

a) Avaliación continua

A avaliación será continua e terá lugar ao
final do primeiro cuadrimestre. Para a avaliación continua computarán os
seguintes parámetros obrigatorios (entre parénteses figuran as porcentaxes
equivalentes da cualificación final):

(1) Participación activa nas sesións
presenciais (ata 10%).

(2) Dúas probas parciais (50%) que puntuarán
un 25% cada unha, sobre os contidos teóricos e prácticos da materia, incluíndo
as lecturas obrigatorias. A primeira abarcará os 3 primeiros temas e terá lugar
na sesión teórica da semana inmediatamente posterior á finalización do tema 3;
a segunda proba terá lugar na sesión teórica da derradeira semana do período
lectivo e abarcará os restantes temas. As datas das probas serán recordadas a
través da plataforma Tema e na aula coa debida antelación.

(3) Entrega de actividades puntuais (15%):
resolución de exercicios, problemas ou actividades que a profesora solicite realizar
dentro ou fóra da aula e mande entregar, con ou sen previo aviso, así como grao
de desenvolvemento das actividades autónomas nas TIC. A non entrega dunha
actividade en tempo e forma puntuará como cero.

(4) Un traballo escrito coa súa
correspondente presentación oral (25%). Poderá ser un traballo individual ou en
parellas, segundo anuncie a profesora.

Son requisitos para superar a avaliación
continua
:

i) Ter asistido a alomenos un 80% das
sesións presenciais
. Haberá certa flexibilidade na aplicación desta
porcentaxe sempre que as faltas de asistencia estean debidamente xustificadas.
Nembargantes, as faltas debidamente xustificadas repercutirán na
puntuación do parámetro (1).

ii) Acadar unha nota satisfactoria
(alomenos un 4) en cada un dos dous controis
. Excepcionalmente admitirase
unha nota máis baixa de 4 nun dos controis se a/o alumna/o acada unha
nota alta no outro control que a compense.

b) Avaliación única

O alumnado que por motivos debidamente
xustificados (e.g. traballo) non poida cumprir co requisito do 80% de
asistencia deberá comunicarllo á profesora nos 15 primeiros días do curso.
Estas/es alumnas/os serán avaliados en base a un único exame final que
computará como o 100% da cualificación
. O exame abarcará todos os contidos
explicados ao longo do primeiro cuadrimestre, incluíndo as lecturas
obrigatorias. A celebración do exame único terá lugar na sesión teórica da
derradeira semana do período lectivo. A data e hora serán recordadas a través
da plataforma Tema coa debida antelación.

Aínda que este alumnado non ten ningunha
obriga presencial, é altamente recomendable que asista ás sesións presenciais
sempre que poida.

(B) SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)

O alumnado que non supere a avaliación
continua na primeira edición de actas ou que, acolléndose á avaliación única a
comezos de curso por imposibilidade de cumprir co requisito do 80% de
asistencia ás sesións presenciais, non superara ésta deberá presentarse á
segunda edición de actas de xullo na que será avaliado en base a un único
exame final.
O devandito exame abarcará todos os contidos do programa, incluíndo as lecturas obrigatorias, e computará
como o 100% da cualificación.
O exame terá lugar na data, hora e lugar
publicados polo Centro.

N.B.: En caso de calquera tipo de plaxio a
cualificación final será de suspenso

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000