A avaliación será continua. Dito sistema de avaliación require obrigatoriamente a asistencia a un 80% das sesións presenciais. Para a avaliación continua
computarán os seguintes parámetros obrigatorios (coa ponderación na calificación final): (1) Entrega de actividades
puntuais (resolución de exercicios, etc.) que a profesora solicite realizar dentro ou fóra da aula (10%). (2) Proba oral final
(30%): Exame oral sobre os contidos da materia no que se avaliará a expresión
oral, nas derradeiras semanas de clase. (3) Proba escrita final
(40%): Exame que terá lugar na derradeira semana de clase e abarcará tódolos contidos teóricos
e prácticos explicados ó longo do cuadrimestre. (4) Traballo e presentación
(20%): Desenvolvemento oral e escrito en grupos de estudantes dun
estudo sobre un tema relacionado cos contidos da materia. O alumnado que non poda asistir ó 80% das sesións presenciais deberá comunicarllo ó profesorado argumentadamente ó comezo do curso, e deberá á realizar na primeira edición de actas (maio) unha proba final escrita que suporá o 60% da cualificación final e unha proba oral que suporá o 40%. Esta proba realizarase na derradeira semana de clase. Todo o alumnado que non supere a materia na edición de maio deberá repetir unha proba final en xullo (data oficial aprobada pola Xunta da FFT) de toda a materia que suporá o 100% da calificación. N.B.: En caso de calquera tipo
de plaxio a cualificación final será de suspenso. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade. |