Educational guide 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Lingua para fins específicos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Exercicios prácticos, relacionados cos contidos da materia, realizados dentro ou fóra da aula ao longo do cuadrimestre, con ou sen previo aviso, que serán obxecto da avalación continua. Serán o complemento á lección maxistral. 30 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B4
B5
B6
B9
B13
C56
C57
C58
C59
C60
C62
C64
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame parcial escrito sobre os contidos teóricos e prácticos da materia. 30 A1
A2
A3
A4
A5
B4
B5
B6
B9
C56
C57
C58
C59
C60
C62
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame parcial escrito sobre os contidos teóricos e prácticos da materia. 40 A1
A2
A3
A4
A5
B4
B5
B6
B9
C56
C57
C58
C59
C60
C62
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS (maio)

1. Avaliación continua

Para a avaliación continua computarán os seguintes parámetros obrigatorios (coa seguinte ponderación na cualificación final):

  1. Resolución de problemas e/ou exercicios (30%)
  2. Primeiro parcial (30%). Esta proba terá lugar en horario lectivo durante o cuadrimestre e a data será anunciada na clase con, polo menos, dúas semanas de antelación.
  3. Segundo parcial (40%). Esta proba terá lugar no período oficial de exames na data aprobada en Xunta de Facultade e publicada na páxina web do centro.

Para aprobar a materia en avaliación continua débese obter un 5 sobre 10 na nota media. Para poder facer media, é requisito indispensable obter un 5 sobre 10 nos exercicios de avaliación continua e en cada un dos dous exames escritos. De non ser o caso, a materia estará suspensa aínda que a media aritmética das probas sexa 5 ou superior.

Por defecto, asúmese que o alumnado optará pola avaliación continua, a menos que informe ao profesorado ao comezo de curso, durante as primeiras dúas semanas, que opta pola avaliación única. Nese caso, os procedementos de avaliación que se apliquen serán os descritos no punto 2. Avaliación única.

Participar nun dos sistemas de avaliación implica a imposibilidade de participar no outro. A realización dunha ou varias probas parciais implica a aceptación do sistema de avaliación continua por parte do alumnado. O alumnado avaliado mediante o sistema de avaliación continua non poderá presentarse ao exame oficial de avaliación única na primeira edición de actas.

2. Avaliación única

O alumnado que comunique no período establecido no punto 1 que non seguirá a avaliación continua realizará unha única proba final escrita que abarcará todos os contidos teóricos e prácticos da materia e suporá o 100% da cualificación. Para aprobar a materia será preciso obter un 5 sobre 10.

O exame de avaliación única terá lugar no período oficial de exames na data aprobada en Xunta de Facultade e publicada na páxina web do centro.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (xuño)

Para o alumnado que

  • non se presente á primeira edición de actas, ou
  • suspenda todas as probas da avaliación continua

a avaliación consistirá nunha única proba final escrita que abarcará todos os contidos teóricos e prácticos da materia e suporá o 100% da cualificación. Para aprobar a materia, débese obter un 5 sobre 10.

O alumnado que non supere a materia na primeira edición de actas pero aprobe algunha das probas (actividades de avaliación continua, exames escritos), soamente terá que recuperar as partes suspensas. De non superalas na segunda edición de actas, deberá examinarse da totalidade da materia en cursos académicos posteriores, xa que as partes superadas carecerán de validez para cursos posteriores.  Para aprobar a materia, débese obter un 5 sobre 10.

O exame final escrito, en calquera modalidade, terá lugar no período oficial de exames na data aprobada en Xunta de Facultade e publicada na páxina web do centro.


Observacións:

  • A asistencia ás aulas é altamente recomendable.
  • Os exames parciais e as probas de avaliación continua considéranse oficiais, e polo tanto, un cambio de data debe de estar sempre debidamente xustificado por causas de forza maior (accidente, operación cirúrxica ou falecemento de familiar en primeiro grao na data exacta da proba) e, sempre que sexa posible, debe de ser comunicado ao profesorado do curso con anterioridade á data de realización da proba.
  • Os mesmos criterios descritos neste apartado tamén se aplicarán ao alumnado alleo (Erasmus). Todos os exames e probas de avaliación continua serán presenciais. É responsabilidade do alumnado estar en Vigo para realizar ditas probas, incluíndo as da segunda edición de actas. Non se realizarán exames en liña.
  • É responsabilidade do alumnado estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar. Non hai obriga de comunicar as datas de avaliación mediante a plataforma de teledocencia.
  • Na avaliación da materia terase en conta no só o contido, senón tamén a corrección lingüística das probas. De non ser así, a proba de avaliación pode resultar nun suspenso.
  • Non está permitido o uso de dicionarios, ordenadores ou calquera outro aparello electrónico, con ou sen conexión a internet, durante a realización das probas, salvo que o profesorado indique o contrario por razóns pedagóxicas.


REALIZACIÓN FRAUDULENTA DAS PROBAS DE AVALIACIÓN:

De acordo cos Artigos 40-42 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e o proceso de aprendizaxe do estudantado, aprobado no claustro do 18 de abril de 2023,

"Enténdese por plaxio, a copia total ou parcial de textos ou doutros elementos (software, imaxes, gráficos etc.) como de elaboración propia sen citar a súa procedencia, incluída a utilización de medios dixitais. Por outro lado, enténdese como fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico." (Véxase Artigo 41 sobre que circunstancias implican unha realización fraudulenta dunha proba de avaliación.)

"A actuación fraudulenta en calquera proba de avaliación implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da oportunidade de avaliación da convocatoria correspondente, iso con independencia do valor que sobre a cualificación global desta tivese a proba en cuestión e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse."

Alegar descoñecemento do que supón o plaxio e a fraude académica non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000