Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Terceiro idioma estranxeiro II: Portugués
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Realización/presentación de traballos varios, preparados con
antelación polo alumnado.
20
Presentacións/exposicións Exposición oral sobre un tema de civilización lusófona acordado co/a profesor/a. 20
Traballos tutelados Traballo escrito segundo as normas académicas sobre un tema de civilización lusófona. 20
Probas de resposta curta Ao longo do curso realizaranse 1 ou máis probas prácticas escritas sobre contidos específicos da materia. 20
Observación sistemática Avaliarase a frecuencia e calidade da participación nas aulas e actividades. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As/Os estudantes deberán escoller
no principio do curso entre dúas opcións: un sistema de avaliación continua
(cf. supra) ou un sistema de avaliación única. Recoméndase optar polo primeiro.

É condición obrigatoria para ser
avaliada/o de forma continua a asistencia a un 80% das aulas, a non ser que
haxa motivos xustificados para unha asistencia lixeiramente inferior, que
deberán ser comunicados ao profesorado o antes posible.

Para superar a avaliación continua
é preciso aprobar tanto a exposición oral e o traballo tutelado como as probas
de resposta curta. Copia ou plaxio nos respectivos exames será penalizado cun
suspenso (nota numérica: 0) nas mesmas.

É recomendable consultar
regularmente os espazos virtuais da materia na plataforma TEMA
(http://faitic.uvigo.es) e no BLOG asociado (http://estudoslusofonos.blogspot.com/).

Quen opte de forma directa pola
avaliación única (non recomendado) será avaliada/o ao final do primeiro
período, na primeira edición das actas (maio), cunha proba escrita teórico-práctica
(contando a teoría: 50% e a práctica: 50%).

Para superar a avaliación única é
preciso aprobar tanto a parte teórica como a parte práctica. Copia ou plaxio
nos respectivos exames será penalizado cun suspenso (nota numérica: 0) nas
mesmas.

Os mesmos criterios de avaliación
aplicaranse na segunda edición das actas (xullo).

En todo caso, recoméndase a
asistencia ás aulas e ás titorías e consultar regularmente os espazos virtuais
da materia na plataforma TEMA
(http://faitic.uvigo.es) e no BLOG asociado
(http://estudoslusofonos.blogspot.com/), mesmo que non se siga o sistema de
avaliación continua.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000