Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Significado e discurso do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Exame final de coñecementos básicos 20
Traballos de aula Exercicios e actividades de aplicación e síntese realizados na aula. 20
Presentacións/exposicións Traballo final e presentación sobre un tema acordado ao principio do curso 40
Prácticas autónomas a través de TIC Exercicios sobre aspectos prácticos do temario ao remate de cada unidade 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O sistema de avaliación neste curso é o continuo. O alumnado deberá asistir a un 80% das sesións presenciais como mínimo, participar nas actividades de clase e presentar os traballos e exercicios conforme aos prazos de entrega establecidos ao comezo do curso. 

As alumnas e alumnos que suspendan a materia na primeira edición das actas terán que repetir e superar na segunda edición de actas en xullo aquelas partes da avaliación non aprobadas. Gardarase a nota das partes restantes e non variarán as porcentaxes da cualificación final. O procedemento de recuperación das partes que haxa que repetir é o seguinte:


  1. Sesión maxistral. Haberá un novo exame final de coñecementos básicos das mesmas características do primeiro.
  2. Traballos de aula. Avaliaranse por medio dunha proba escrita con preguntas que recollan os mesmos obxectivos competenciais e nivel de coñecementos dos exercicios e actividades suxeitas a avaliación nas sesións presenciais.
  3. Presentacións/exposicións. Un traballo suspenso terá que volver a presentarse unha vez corrixidas as deficiencias e inexactitudes sinaladas. Cada presentación terá lugar nunha data acordada co profesorado da materia.
  4. Prácticas autónomas a través de TIC. Recuperaranse por medio dun cuestionario que inclúa preguntas do mesmo tipo das contidas nos exercicios en liña durante o curso.

Aquelas persoas matriculadas que non poidan asistir ás clases coa regularidade esixida deberán comunicarllo ao profesorado ao comezo do curso e explicar as razóns e non poderán facer avaliación continua. De todos os xeitos, recoméndaselles que asistan ao maior número de sesións presenciais que lles sexa posible. Para estas persoas que xustificadamente non poden realizar a avaliación continua, existirá un modelo de avaliación única por medio dun exame global e comprensivo que constará de tres partes.


  1. Acreditación do seu coñecemento teórico e práctico dos contidos fundamentais da materia por medio de preguntas tipo tema (40% da cualificación final).
  2. Exercicios de aplicación, síntese e creación do mesmo tipo dos realizados na aula e na Tic no sistema de avaliación continua (50% da cualificación final).
  3. Un suposto práctico: A elaboración dun esquema razoado (un resumo) para un traballo sobre un punto dos contidos que inclúa unha primeira descrición do problema a tratar, algúns exemplos ilustrativos, as fases a seguir e o obxectivo final que se pretende acadar no proxecto (10% da cualificación final).  

As alumnas e alumnos que suspendan nesta modalidade de avaliación única na primeira edición das actas en xuño terán que repetir e superar na segunda edición de actas en xullo aquelas partes que teñan suspensas. Gardarase a nota das partes aprobadas e non variarán as porcentaxes da cualificación final.

O alumnado que non se presente á avaliación única en xuño terá que facer o exame de xullo completo e recibirá a cualificación correspondente na segunda edición das actas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000