As/Os estudantes deberán escoller no principio do curso
entre dúas opcións: un sistema de avaliación continua (cf. supra) ou un sistema
de avaliación única. Recoméndase
optar polo primeiro. É condición obrigatoria para ser avaliada/o de forma
continua a asistencia a un 80% das aulas, a non ser que haxa motivos
xustificados para unha asistencia lixeiramente inferior, que deberán ser
comunicados ao profesorado o antes posible. Para a
avaliación única é preciso superar ambas as probas (escrita e oral) para
superar a materia. Copia ou plaxio nos respectivos exames será penalizado cun
suspenso (nota numérica: 0) nas mesmas. É
recomendable consultar regularmente os espazos virtuais da materia na
plataforma TEMA (http://faitic.uvigo.es). Quen opte
de forma directa pola avaliación única (non recomendado) será avaliada/o ao
final do primeiro período, na primeira edición das actas (maio/xuño), da
seguinte forma: 1. Cunha proba
escrita teórico-práctica (contando 75% da nota final –teoria: 25%; práctica:
50%–). 2. Cunha
proba de expresión oral (contando 25% da nota final) que será gravada. É preciso
superar ambas as probas (escrita e oral) para superar a materia. Copia ou plaxio
nos respectivos exames será penalizado cun suspenso (nota numérica: 0) nas
mesmas. A
convocatoria das probas de expresión oral deberá acordarse co profesorado coa
antelación necesaria (mínimo 2 semanas antes da introdución das notas en
xescampus), sendo responsabilidade do alumnado contactar co profesorado. A non presentación á proba de expresión oral suporá a obtención dunha
calificación de 0 (cero) puntos na mesma. ** A avaliación final realizarase na
última sesión da materia, podendo esta data ser alterada. |