Guia docente 2022_23
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Terceiro idioma estranxeiro I: Alemán
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Valoración continua da participación activa en todas as actividades desenvolvidas no aula. Puntuación dos traballos e exercicios entregados durante o curso nas clases teóricas e prácticas. 30 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B4
B8
B10
B12
B13
C29
C30
C31
C32
C33
C35
Presentación Valoración da aportación persoal do alumnado á materia. 10 A2
A3
A4
B1
B10
B12
B13
C33
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame escrito de contido léxico, gramatical e cultural; proba oral de apoio en casos puntuales que o requiran, como avaliación única ou casos dubidosos con baixa nota no escrito. A nota sería a suma de ambas probas (escrita e oral). 60 A3
B4
B8
C31
C32
C33
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O desenvolvemento desta materia apóiase no método NETZWERK e o emprego do seu manual ten carácter obligatorio: véxase a referencia na sección de bibliografía desta guía. É responsabilidade do alumnado obter unha copia impresa ou dixital de devandita referencia para o bo seguimiento do curso.


PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS
 

A avaliación e conseguinte cualificación do traballo do alumnado levarase a
cabo cun procedemento de avaliación continua de acordo coas
metodoloxías e porcentaxes descritas máis arriba.

Para obter o 30% establecido para os traballos de
aula, atenderase á participación regular e activa na aula (orientativamente,
sobre a base dunha asistencia non inferior ó 80% das horas totais), además da
entrega de traballos. Os criterios serán explicados na primeira sesión do cuadrimestre e serán publicados en Moovi. A proba escrita realizarase na data fixada para esta
materia no calendario de exames aprobado pola Xunta de FFT. Para poder
presentarse a ela é requisito obter polo menos un 4 nas actividades ou
traballos de aula.



O alumnado que non se acolla ao sistema de avaliación continua debe
comunicarlle á profesora responsable da materia (María José Corvo Sánchez) que
se acolle á avaliación única ao comezo do curso, durante as
primeiras dúas semanas de clase. 

Este alumnado deberá realizar
un exame escrito na data fixada no calendario de exames aprobado pola Xunta de
FFT sobre os contidos da materia (e as leccións do método Netzwerk) e máis un
traballo escrito extenso (superior a 15 páxinas) de carácter lingüístico ou
cultural para superar a materia. Tambén unha proba oral. As porcentaxes de avaliación son: 40% para a
elaboración do traballo escrito extenso e 60% para os exames ou probas escrita
e oral (30% + 30%). A profesora responsable da materia será quen determinará o
contido e o desenvolvemento do traballo escrito e acordarao co alumnado. O
traballo escrito debe ser entregado con anterioridad á celebración do exame
escrito; a data límite de entrega é ás 12:00h do venres anterior ao día do
exame escrito. A entrega do traballo será requisito previo para que o alumnado
poida optar á realización do exame escrito; así mesmo, será requisito previo
obter unha nota de 4 como mínimo neste para poder acceder á proba oral.

 



SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO) 

Para o alumnado que durante o
curso se acolleu á avaliación continua, exame teórico-práctico escrito dos contidos do curso
polo 100% da cualificación, que se realizará na data fixada no calendario de
exames aprobado pola Xunta de FFT.
 

Quen durante o curso obtivo un
resultado positivo pola súa participación activa nas clases, pode recibir unha
mellora da súa nota agora de ata 2 puntos sobre 10, se así o considera a profesora responsable. 

Para o alumnado que durante o
curso se acolleu á avaliación única siguense os mesmos criterios de avaliación
que na primeira edición.

 



ADEMÁIS, en calquera das convocatorias de exames e independentemente da modalidade, continua ou única,
debe terse en conta tambén o seguinte.
 

En todas as achegas evaluables,
as notas non deberán ser inferior a 4 para superar a materia. Os
resultados positivos obtidos
na primeira convocatoria de exames (avaliación continua e única),
malia a non superación da materia, gardaríanse para a nota da segunda
convocatoria, de modo que o alumnado non tivese que repetir unha
aportación evaluable xa superada.


O profesorado pode esixir a
realización dunha proba oral complementaria a aquel alumnado que, segundo o seu criterio razoado, non
demostrase suficiente competencia na materia, porque o profesorado por calquera causa precise
confirmar mellor o seu nivel na materia ou ben en caso de sospeita
da autenticidad da autoría de calquera achega evaluable (traballo de aula,
traballos escritos, exames), xa sexa por copia ou por plagio. O contido
estaría orientado a unha ou máis das achegas evaluables e a nota
repercutiría, respectivamente, na porcentaxe establecida para cada unha
delas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000