Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Terceiro idioma estranxeiro I: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Traballos e exercicios prácticos de francés 40
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Duas probas de comprensión/expresión escrita que se farán na aula ao longo do semestre. 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na 1ª edición de actas os alumnos serán avaliados mediante o sistema de avaliación continua
indicado arriba. O alumnado que, por motivos xustificados, non poida realizar
a avaliación continua deberá falar co profesorado ao comezo do curso. Nese
caso, e só nese caso, poderán examinarse do 100% da materia na 1ª edición de
actas. O exame será de comprensión/expresión escrita.

Para aprobar a materia será necesario ter entregado os traballos na data
requirida. As probas non entregadas contarán como un cero. En caso de plaxio, a
nota é de suspenso.

Recoméndase o traballo continuado e a consulta regular dos medios de
comunicación franceses.

Os estudantes que non superen as outras formas de avaliación terán dereito a
examinarse do 100% da materia en xullo. O exame será de
comprensión/expresión escrita.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000