Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Segundo idioma estranxeiro IV: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Resolución de problemas de forma autónoma - Exercicio de comprensión escrita (20 % da nota).
- Exercicio de comprensión oral (20 % da nota).
- Traballo a partir dunha lectura obrigada/tema de civilización (20 % da nota).
60 CB1
CB2
CB3
CB4
CB5
CG10
CE16
CE17
Práctica de laboratorio Exame de expresión escrita e de expresión oral. 40 CB2
CB3
CB4
CG10
CE16
CE17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Primeira edición de actas.

O alumnado será avaliado mediante o sistema de avaliación continua indicado arriba.

Para aprobar a materia seránecesario entregar os traballos nos prazos requiridos que se indicarán ao comezo do curso. Para facer media entre os traballos e o exame, será tamén necesario ter un mínimo de 4,5 en cada parte. As probas non entregadas contarán comoun cero. En caso de plaxio, a nota é de suspenso. En caso de suspender una parte soamente, guardarase a nota para a segunda edición de actas.

O alumnado que, por motivosxustificados, non poida realizar a avaliación continua deberá falar coapersoa coordinadora da materia ao comezo do curso. Nese caso poderáexaminarse do 100% da materia na 1ª edición de actas polo sistema deavaliación única. O exame será de comprensión/expresión oral e escrita, 50% a parte oral e 50% a parte escrito. É necesario aprobaras dúas probas (oral, escrita) cun mínimo de 5 en cada unha para poder superar a materia. O exameescrito e oral terá lugar no período de exames na data do calendarioaprobada pola Xunta de Facultade.

Segunda edición de actas(xullo)

Na segunda edición de actas (xullo) haberá un exame de comprensión/expresiónoral e escrita que contará o 100% da nota para o alumnado que non superara a materia na primeira edición, 50% a parte oral e 50% a parte escrita. É necesario aprobar as dúas partes (cun mínimo de 5 en cada unha)para poder superar a materia. O exame terá lugar no período de examesna data do calendario aprobada pola Xunta de Facultade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000